O balón de ouro que xogou en Arzúa

Luis Suárez Miramontes (A Coruña, 1935 – Milán, 2023), xogador do Deportivo da Coruña, do Barça e do Milán, distinguido co balón de ouro en 1960, seleccionador nacional de España, xogou no Arzúa.

Nesta nova emitida pola TVG o 14 de abril de 2017 amósase un recorte de prensa co título “El fútbol de Antano en Arzúa” con este pe de foto:

En el año 1954, el Arzúa disponía de un gran conjunto y en la presente lucía una de sus formaciones que había empatado con el Santiago a dos goles. Componen esta formación, Lirio, Ricardo, Chono, Pimentel, Cachita, Alberto, Abad, Pepiño, Quico, Julio y Modesto. En otras formaciones de esta temporada figurarían Luis Suárez, nuestro recordado internacional en dúa día mejor jugador de Europa y Veloso, otro internacional español. La anécdota de este encuentro con el Santiago: la recaudación de 1.233 pesetas. Hoy el equipo de fútbol de Arzúa pretende revivir mejores tiempos y para ello viene llevando a cabo una labor de protección a la cantera con aspiraciones de valerse por si solo de la misma y evitar con ello el descalabro de su economía.

No listado de partidos disputados polo Arzúa F.C. (o equipo do casino de Arzúa) que figuran no artigo de Xosé Anxo Iglesias Gómez no libro publicado en 1992 con motivo dos 25 anos do CSD Arzúa (páxina 323, Catro meditacións encol do C.S.D. Arzúa) e que está feito con notas manuscritas de Quico (Enrique Costoya, un dos xogadores) o nome “Suárez” figura en dous partidos do ano 1953, con duas victorias para os arzuáns:

  • 16 de xullo de 1953, Arzúa F.C. – Ordes 2-1
  • 2 de agosto de 1953, Lalín – Arzúa F.C. 2-3

No vídeo, titulado “A temporada perdida do balón de ouro galego, Luis Suárez, no Arzúa” podemos ver a Fran Cañotas, directivo do S.D. Arzúa e a Luis Rodríguez Cascón, socio número 1 que lembraba a Luis Suárez xogando en Arzúa e que se lle mercaran unhos zapatos, narra a victoria sobre o Lalín. Tamén se reproduce un fragmento dunha emisión radiofónica no que o propio Luis Suárez confirma que xogou no Arzúa.

Un dos que xogou no Arzúa F.C. con Luis Suárez foi Pepino, irmán do tamén xogador Lirio, gran afeccionado ao fútbol e un dos fundadores do C.S.D. Arzúa. A súa zapatería, herdada do seu pai o señor Pedro, e situada na Rúa do Carme esquina Rúa Hipócrates, converteuse nun verdadeiro templo futbolístico: estaba decorada con fotos do equipo de Arzua e das suas estrelas mais brillantes, a que máis destacaba e chamaba a atencion dos rapaces, era a de Luisito Suarez, daquela xogador do Barça. Ao lado das fotos habia un aparato de radio Philips e a zapatería convertíase nun salón onde escoitar os partidos, según lembra Jesús Bendaña.

Deixar unha resposta