Boente na guía de Everest “Arzúa no Camiño de Santiago”

Boente: Fonte da Saleta

Reproducimos o texto adicado a Boente, publicado nas páxinas 78 e 79 do libro “Arzúa no camiño de Santiago”, con ISBN 8424199219, escrito por Eduardo Aurelio Cacheda Vigide e publicado polo Concello de Arzúa e Everest no 1987:

Boente, Santiago

Agrupando case toda a súa poboación nos lugares de Boente de Arriba e Boente de Abaixo, con algúns núcleos máis pequenos en Martulo, Outeiro, Pazos e Peroxa, entre Melide e Arzúa, seguindo a estrada de Santiago está a parroquia de Boente.

Sobre o mesmo Camiño de Santiago, a súa igrexa paroquial do século XX foi edificada no mesmo lugar e cos restos dunha igrexa románica do século XII previamente derrubada para construí-la actual. Da igrexa románica quedan dous interesantes capiteis incrustados no exterior do muro plano da cabeceira do edificio actual.

Da antiga igrexa gárdanse certas imaxes de indubidable valor; un Santiago peregrino entronizado, derivación da imaxen pétrea do altar maior da Catedral de Santiago, obra dos principios do século XIX; unha Virxe do Carme e un San Roque, ámbolos dous do século XVIII; a imaxe de San Silvestre é de raíces góticas, dunha arte moi popular e dunha difícil datación cronolóxica.

Case enfrente da igrexa, á outra beira da estrada xeral, hai un cruceiro e unha fonte de granito do século XIX que derivan dos tipos compostelanos. A fonte (da Nosa Señora da Saleta) foi lamentablemente alterada na súa zona central cunha obra de cimento e lousa de mármore branco. O cruceiro ten a base enterrada, pé de fortes chanfráns, vara de arestas matadas e cruz florenzada sen Crucificado.

No lugar de Outeiro existe un antigo pazo que procede dos Sánchez Boado. Despois de pasar por sucesiva xeracións a última representación vincular do mesmo pasou a don José Domínguez Feijoo.

Boente celebra grandes festas na honra do seu patrono, Santiago, os días 25 e 26 de xullo; e tamén da Virxe da Saleta o primeiro domingo de setembro.

As solemnidades destas celebracións son preparadas con moito esmero e coidado, tanto no seu aspecto relixioso coma no de expansión e divertimentos profanos.

Boente: capitel da igrexa románico

Un aristócrata portugués compra unha gaita de Arzúa por 75 pesetas

Na “Gaceta de Galicia: Diario de Santiago” do 3 de agosto de 1899 recollese unha bonita anécdota que implica a un gaiteiro e a súa gaita, fabricada en Arzúa por un construtor famoso: Andrés Vázquez, máis coñecido polo nome de Carragoto, que é o nome da aldea na que naceu en Cardeiro. Este é o texto que publico a finais do século XIX o mencionado xornal:

Antonio González, el conocido gaitero que durante las fiestas del Apostol lució el traje típico del país, siendo objeto de atenciones en las fondas que recorrió, por parte de los forasteros, tuvo que ceder el instrumento que poseía y fuera construído por el famoso Carregoto de Arzúa, á un aristócrata portugués que le dió por él 75 pesetas, después de muchos e insistentes ruegos pues como quiera que tiene que asistir ahora en el verano á las romerías de las aldeas, ha tenida que encargar con mucha premura.

González estudió y trabajó el probe con suma constancia así que ejecuta en la gaita un repertorio variadísimo mereciendo elogios de cuantos le escuchan.

Muchos touristas que nos visitaron obtuvieron fotografías del grupo que forma con el tamborilero y hemos visto uno de los retratos que está perfectamente hecho.

A nuestro eminentísimo Prelado á quien saludó el popular gaiteiro González, le agradó muchísimo su manera de toca oyó con gusto diferentes piezas entre ellas la marcha real con que le saludó.