A doazón de Maroxo ao mosteiro de Antealtares no século XIII

López Ferreiro, na súa monumental Historia de la Santa a.m. iglesia de Santiago de Compostela (libro segundo, páxina 398), falando do ano 998, dí:

Pocos años después, Suero Ramírez y Elvira Ramirez, donaron al monasterio de Antealtares, fundado al lado del templo de Santiago (fundatum ad latus templum bti. Iacobi apostoli), la villa de Marotio hacia Arzúa, y además varias familias de siervos. Confirmó esta donación el Rey D. Bermudo, y subscriben como testigos Velasco, Eneguiz, Fromarigo, Spasandiz, Egika, Veremuiz, Bera Sandizniz, etc… (De un pergamino que se guarda en la biblioteca de la Universidad compostelana)

¿Será esta anterga vila de “Marotio” da que fala López Ferreiro a actual parroquia arzuá de Maroxo? Parece que sí, pero López Ferreiro erra no nome da Vila e onde di “poucos anos” é máis dun século.

No blogue “A Nosa Historia” nunha entrada publicada o 13 de outubro de 2018 dátase esta mesma doazón no ano 1205, citando o pergamiño 17 da Colección de pergamiños do Arquivo Histórico Universitario de Santiago de Compostela e dise que se refiere a “Villae de Marogio”, sendo este topónimo de Marogio un derivado do nome greco-romano “Maro”. Nesa entrada de bloque transcribense ou traducen atra tres fragmentos do documento de doazaón, que copiamos aquí:

….agora estamos con Suero Rodríguez e Elvira, para obter unha clara, breve e completa relación territorial para non faltar á lei, aceptando de boa gana en sans condicións mentais  a villa, chamada Maroxo, que está en territorio de Aveancos do interior e o exterior, dun lugar a outro, con todas as súas pertenzas e habitantes (….)

…quem dicunt Isso sub Porto de Fratres et feret ad ark(as) (?) kovas de Geria et vadit directo ad illam mamulam, que stat super Villam de Vini (sancto) / Migahele et inde ad mamulam maiore et feret in (?) as, quomodo dividit per kapanas natale et vadit ad fontano de Annito et feret ad (?) / que dividet de Ballokaneset …

Coñecemento das persoas que viviron e deron testemuño nos casais de Marogio, fixo o reconto o señor dos que viñeran con el, estes son: Framilla e Fram(ill?) / teñen casal en Gresulfi. Garedo ten casal na Fonte Sacratam. Tatane e Ermesinda teñen casal en Quintanelas , Sandus e Recesinda teñen casal tamén en Quintanelis. Guillulfus e Maria teñen casal en Barrio. Riquoi e Ragoy teñen casal en Trucesindi. Cendon e Sintilo teñen en Combarrio. Trasulfo ten casal en Sisvaldi. Brandila e Levegodo teñen casal en La(¿). Ladredo e Argentina teñen casal en Geicos. Vimaredo e Argentina teñen casal no mesmo sitio.

Neste interesantísimo documento de hai oito séculos, podemos recoñecer algúns topónimos que seguimos a utilizar:

  • Isso (río Iso)
  • Villam de Vini ou Vila do Viño (Viñós)
  • Migahele (San Migueliño, lugar de Maroxo)
  • Fonte Sacratam (Fonte Santa, na parroquia de Lema)
  • Fontano de Annito, (Rego de Anido, afluente do río Iso)
  • Ballokaneset (Balocás, no concello de Santiso)

Outros lugares poden recoñecerse por que se describe a ubicación, pero mudaron de nome:

  • Porto de Fratres ou Porto dos Frades sería o Coto do Torrente
  • Kovas de Geria correspóndese ao lugar de Covas en Viñós

| Artigo no blogue “A nosa historia”: Maroxo; da villae romana ao Pazo da Torre. A historia dunha parroquia galega. Primeira parte.

Unha foto do 1935 na romaría de Santa María da Castañeda

Do blogue “O pé da porta” obtivemos esta fotografía de Mariano Marina de Pablo.

Reproducimos tamén a descripción que o fotógrafo fixo da imaxen e unha pequena nota biográfica del.

Así describe o cronista a imaxen:

Saímos de Melide e pouco despois atopámonos na estrada cun grupo de xentes que bailan. Celébrase a romaría de Santa María de Castañeda. Santa María de Castañeda é unha parroquia que pertence ao Concello de Arzúa. Nun raso adornado con follaxe e con papeis de cores, debaixo dunhas árbores, bailan ó son dunha banda de músicos, subidos nun pequeno palco. O público parece que está dividido: por unha banda abundan as mulleres e pola outra os homes. Bailan as parellas, como en tódalas cidades, o pasodobre con certas connotacións do charlestón ianqui. De cando en cando, para respectar a cor local, a música toca unha muiñeira, que no baile non se diferencia moito da xota ou do fandango. Cerca dos bailaríns aparecen uns frades gordos e ben alimentados. Dinnos que son pasionistas. Levan unhas placas brancas no hábito. Están alí, sen dúbida para dar o visto bo á festa. Deixamos a romaría, avanzamos rapidamente e unha hora despois ollamos ao lonxe as torres de Santiago de Compostela.

Mariano Marina de Pablo (San Esteban de Gormaz, Soria, 1911-Madrid, 1984)
Comezou a colaborar no xornal Ahora ( Madrid 1930 – 1939 ) en xullo de 1932, e posteriormente na revista Estampa ( Madrid 1928-1938 ) desde xaneiro de 1933 até xullo do 1936. Foi membro da Unión de Informadores Gráficos de Prensa e traballou para a axencia Contreras y Vilaseca xunto a Almazán y Yusti. Durante a guerra civil estivo nas frontes de Andalucía e Extremadura e ilustrou as crónicas de Jesús Izcaray para o diario Ahora sobre a fronte de Madrid, a Cidade Universitaria, os bombardeos nocturnos e os incendios en Madrid. Entre as súas reportaxes en Ahora destaca o asalto o Alcázar de Toledo (26 de xullo de 1936). Estivo en activo até o final da guerra, sendo descoñecida a súa traxectoria posterior.

|Bloque “O pé da porta”

Vítimas da represión fascista en Arzúa na base de datos de “Nomes e Voces”

Grazas a base de datos “Nomes e Voces”, podemos coñecer os nomes das mulleres e homes vítimas da represión fascista que sigueu ao golpe de estado do 1936. Nesa base de datos figuran 38 persoas que naceron ou vivían en Arzúa cando foron represaliados. Velaquí os seus nomes e os datos que constan, por orden alfabético de apelidos

Modesto Abad Vázquez
Labrego de 24 anos
Natural e veciño de Arzúa
Directivo do PSOE
Foi detido e inculpado en Compostela en causa militar por rebelión.
Ficha en nomes e voces 9512

Julio Acosta Pan
21 anos
Natural de Arzúa
Vítima da represión en León con resultado de morte (28 de xaneiro de 1938)
Ficha en nomes e voces 21103

Isaac Álvarez Amor
Mestre en Arzúa
Sancionado con suspensión de emprego durante 6 meses
Ficha en nomes e voces 12939

Cándido Andrade Vázquez
Carpinteiro de 24 anos
Natural de Arzúa e veciño da Estrada
Xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión de 20 anos. Conmutación e liberdade condicional o 11 de agosto de 1940
Ficha en nomes e voces 713

Joaquín Castro Cedón (Levinca Lavincha)
Albanel veciño de Arzúa que foi paseado
Ficha en nomes e voces 12935

Ricardo Cob Laguardia
Oficial de telégrafos
Veciño de Arzúa
Membro do PCE
Destituído do seu cargo
Ficha en nomes e voces 12946

José Corzo Conde
Propietario de 51 anos
Veciño de Arzúa
Xulgado en Compostela co resultado de declaración en rebeldía
Ficha en nomes e voces 9508

José Fidalgo Pérez
30 anos
Natural de Arzúa
Preso en Moosburg. Deportado a Mauthausen en agosto de 1940 e trasladado a Gusen en xaneiro de 1941, onde morre o 6 de abril
Ficha en nomes e voces 5018

Ramón García Regueiro (Ramón de Sabino)
Veciño de Arzúa
De UGT, Presidente da Sociedade agraria socialista
Agochado, fuxido e exilio a Bos Aires
Ficha en nomes e voces 12948

Celsa Hermida Grandío
Mestra de Viñós
Natural de Guitiriz e veciña de Arzúa
Muller de Alfonso Núñez López, oficial 1º do Concello de Arzúa
Suspendida de emprego e trasladada a un concello da montaña asturiana
Ficha en nomes e voces 12940

José Iglesias Méndez
Natural e veciño de Calvos
Detido e inculpado na causa 979/37 por rebelión
Ficha en nomes e voces 9566

Jesús Iglesias Quintela
Xornaleiro de 47 anos
Natural de Arzúa e veciño de Santiago
Afiliado a CNT
Xulgado en Compostela por rebelión co resultado de sentenza a prisión 15 anos. Enviado ao psiquiátrico de Conxo coa diagnose de esquizofrenia
Ficha en nomes e voces 9702

José James Montero
Mestre de Rendal
Concelleiro por “Izquierda Republicana”
Sancionado con suspensión de emprego e soldo
Ficha en nomes e voces 12941

Serafín López Bouzas
Carpinteiro de 26 anos
Natural de Arzúa e veciño de Santiago (Belvís, 32)
Xulgado en Compostela por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua
Ficha en nomes e voces 9526

José Morandeira Pereira
Veciño de Arzúa
Presidente do Sindicato de Oficios Varios
Detido e inculpado en causa militar en Compostela por rebelión
Ficha en nomes e voces 20387

Pedro Mosquera Boo
Zapateiro de 42 anos
Natural do Pino e veciño de Arzúa
Directivo da Agrupación Socialista Local (PSOE)
Xulgado en Compostela por rebelión co resultado de sobresemento.
Ficha en nomes e voces 9511

Federico Nogueira Pimentel
Comerciante
Veciño de Arzúa
Primeiro Tenente de Alcalde por “Izquierda Republicana”
Xulgado en Compostela por rebelión co resultado de absolución. Sancionado co embargo do seu comercio de tecidos.
Ficha en nomes e voces 12937

Jesús Parrado Vaamonde
Contable de 25 anos
Natural de Santiago e vexiño do Pedral (A Mella)
Secretario do PCE, da loxia masónica Agarimo e directivo da Casa do Pobo
Paseado. Morte rexistrada en Arzúa a causa de hemorraxia cerebral o 11 de agosto de 1936
Ficha en nomes e voces 11472

José Parrado Vázquez
Funcionario municipal
Veciño de Arzúa
Separado do seu cargo
Ficha en nomes e voces 12945

Jesús Pazos Vázquez
Gandeiro de 40 anos
Natural e veciño de Calvos
Detido e inculpado na causa 979/37 de Compostela por rebelión.
Ficha en nomes e voces 9565

Rogelio Rama Muiño
Mestre de Brandeso
Concelleiro por “Izquierda Republicana”
Sancionado con suspensión de emprego e soldo
Ficha en nomes e voces 12943

José Rey Viñariño
Natural e veciño de Calvos
Detido e inculpado na causa 979/37 de Compostela por rebelión
Ficha en nomes e voces 9567

Inocencio Rial
Obreiro de 36 anos
Natural de Arzúa e veciño de Vieiro (Viveiro)
Xulgado en Lugo por rebelión militar co resultado de sobresemento provisional
Ficha en nomes e voces 2831

Manuel Rodríguez Pazos (Randaleiro)
Labrego de 24 anos
Natural e veciño de Calvos
Detido e inculpado en causa militar en Compostela por rebelión
Ficha en nomes e voces 9562

Manuel Saavedra Carril
Médico de 44 anos
Natural de Arzúa e veciño de Villamontán
Vítima da represión na comarca de La Bañeza-León, sendo detido sen procesamento xudicial
Ficha en nomes e voces 21161

José Sánchez López
Mestre de Maroxo
Inhabilitado para o exercicio da profesión durante 2 anos
Ficha en nomes e voces 12942

Manuel Sánchez Taboada
Labrego de 17 anos
Natural e veciño de Calvos
Detido e inculpado na causa 979/37 de Compostela por rebelión
Ficha en nomes e voces 9563

José María Santos Quintela
Sacerdote de 39 anos
Natural de Arzúa e veciño da Coruña
Xulgado na Coruña por rebelión co resultado de sobresemento e multa
Ficha en nomes e voces 8908

Gerardo Torreiro López
30 anos
Mestre de Santa María (Fonxe), concelleiro no concello de Arzúa no 1936 por “Izquierda republicana”
Fuxido dende os primeiros días da sublevación. Depurado como mestre. En 1940 vive na Coruña e será restituido, destinado en León. Causa aberta en Ferrol por rebelión militar (fuxida a Francia do bou “Tiburón”) declarado fuxido e en rebeldía
Ficha en nomes e voces 7101

José Torreiro Sánchez
Mozo de hotel de 42 anos
Natural de Arzúa, veciño de A Coruña
Xulgado en A Coruña por rebelión co resultado de sobresemento
Ficha en nomes e voces 8905

Juan Trillo Caamaño
Veciño de Arzúa
Practicante municipal
Depurado do seu cargo
Ficha en nomes e voces 12947

José Valiño Raposo (Pepe Valiño)
Industrial
Veciño de Arzúa
De “Izquierda Republicana”
Irmán do concelleiro de Arzúa Ramón Valiño. Propietario dun surtidor de gasolina e centraliña telefónica
Foi privado das dúas licencias dos seus negocios
Ficha en nomes e voces 12938

Eduardo Vázquez Rivadas
Carpinteiro de 35 anos
Natural e veciño de Rendal
Xulgado en Compostela por rebelión co resultado de sobresemento e posta a disposición do Delegado Militar de Orde Pública
Fichas en nomes e voces 9513

María Alicia Viaño García
Mestra nacional da escola nº2 de Arzúa
Natural de A Coruña, veciña de Arzúa
Muller de Juan Vidal García, alcalde de Arzúa
Suspendida de emprego e soldo a finais de agosto de 1936. Desterrada a Astorga nesas mesmas datas
Ficha en nomes e voces 12936

Juan Manuel Vidal García
Comerciante de 50 anos
Alcalde de Arzúa de “Izquierda Republicana”
Xulgado en Compostela por rebelión en proceso incoado o 25-8-1936 co resultado de declaración en rebeldía. Paseado en Compostela a finais de agosto ou principios de setembro de 1936. A súa familia queda sen licenza para comercializar apeiros
Ficha en nomes e voces 12934

Constantino Vigo Ben
Labrego de 23 anos
Natural e veciño de San Estevo do Campo
Detido e inculpado na causa 979/37 de Compostela por rebelión
Ficha en nomes e voces 9564

Gloria Vilar Landeira
Mestra de Cortobe (Burres)
Suspendida de emprego e soldo
Ficha en nomes e voces 12944

















O cadro “Segador gallego, montaña de Arzúa, Galicia”

No catálogo do Museo do Prado, coa referencia P007993 figura un óleo sobre lenzo de 44×57 cm datado no ano 1907 e que leva por título “Segador gallego, montaña de Arzúa, Galicia”. Foi pintado por Fernando Alvárez de Sotomayor y Zaragoza (Ferrol 1875 – Madrid 1960), quen exerceu como director do Museo do Prado entre 1921 a 1931 e de 1939 a 1960. O cadro foi unha doazón dos herdeiros do autor ao Museo de Arte Moderno en 1961. Na actualidade (2021) a obra está depositada no Museo de Belas Artes de A Coruña.

|Cadro no catálogo do Museo do Prado
|Ficha da obra na Red Digital de Colecciones de Museos de España
|Descarga do cadro a máis resolución (1920 x 1486 px)

Unha banda de valencia chamada Arzúa25

Arzúa25

Houbo unha banda de punk rock, estilo La Polla Records, Reincidentes, Disidencia, Barricada, El Último Ke zierre… que se chamou “Arzúa25” e estivo activa durante 15 anos. A súa historia dou comezo no 2004, cun baixo, unha batería e unha guitarra, máis tarde incorporouse o cantante e no 2005 unha segunda guitarra.

Publicaron tres discos:

Mentiras y piedras (2007)

Bienvenidos a la resistencia (2010)

Que hablen las calles (2012)

Nunha entrevista do 2014 para o blogue “Histéricas grabaciones” o cantante aclarou por que escolleron o nome da nosa vila:

Esta pregunta es imprescindible en toda entrevista, (risas). Bueno, pues el nombre del grupo viene de un viaje que hice (Sejo, cantante del grupo) hace ya unos años a un pueblo gallego llamado Vila de Cruces. Junto a la casa en la que me alojaba había una señal de tráfico en la que se indicaba dirección Arzúa, 25 km. Le hice una fotografía, ya que aquella señal me llamó la atención, y, como por aquel entonces estábamos empezando a montar el grupo y pensando como nos podíamos llamar, a mi regreso a Valencia le enseñé la fotografía al resto de componentes y empezamos a pensar en ARZUA 25 como nombre del grupo. Le dimos algunas vueltas, poco a poco nos fue gustando, nos pareció que era original y… hasta hoy. Te adjunto copia de aquella fotografía.

| Páxina do grupo en bandcamp
| Páxina do grupo en facebook
| Entrevista ao cantante do grupo para Histéricas Grabaciones

¿Morreu José Fidalgo da Castañeda nun campo de exterminio nazi?

No proxecto Nomes e voces figuran istos datos: José Fidalgo Pérez, natural de Arzúa, morreu o 6 de abril de 1941 nun campo de exterminio cando contaba 30 anos de idade. Preso en Moosburg. Deportado a Mauthausen en agosto de 1940 e trasladado a Gusen en xaneiro de 1941, onde morre.

Na base de datos do Ministerio de Cultura, que recolle o contido do “Libro Memorial. Españoles deportados a los campos nazis (1940-1945)”, editado en 2006, figura así mesmo José Fidalgo como natural de Arzúa, concretamente podemos ler:

Datos Personales
Nombre de la Persona: FIDALGO PÉREZ, José
Nacido el: 01/08/1910
Población: Arzúa – Castañeda
Provincia/Región/País: Galicia-Coruña (A)

Stalag o Prisión
Nombre: VII-A (Moosburg)
Número de Prisionero: 40386
Deportación
Fecha: 06/08/1940

Campo de Concentración: Mauthausen
Primera Matrícula: 3241
Último Destino
Estado: Fallecido
Fecha: 06/04/1941
Lugar:

No libro “Milicias Populares Galegas”, Santiago Álvarez publica un listado manuscrito de soldados republicanos que estiveron no campo francés de Barcarés e figura alí José Fidalgo Rodríguez ¿será un erro e ese miliciano era en realidade José Fidalgo Pérez?

A cuestión é que non podemos estar certos de que este José Fidalgo nacera na Castañeda, xa que no listado que publicou o BOE o 9 de agosto de 2019 de 4.427 vitimas do nacismo José Fidalgo Pérez figura nado en Castiñeira (A Coruña).

| Ficha de José Fidalgo en Nomes e voces
| Ficha de José Fidalgo na base de datos do Ministerio de Cultura
| Ficha de José Fidalgo no memorial de Mauthausen
| Blog persoal adicado a José Fidalgo (non actualizado dende 2008)

Ao rio Iso o nome trouxéronllo os romanos de Turquía

Nun interesante artigo que se pode consultar na páxina celtiberia.net, escrito por Celso Alberte Magariños Costas e titulado “Os romanos na comarca de Arzúa” deféndese a tese de que o Río Iso foi así bautizado pola Lexión IV Macedónica, enviada no ano 19 a.C. polo emperador Augusto ao mando de Marco Vipsanio Agrippa.

Non hai ningunha inscrición ou documento que constate a que Agrippa pasou por Arzúa coa Lexión IV., aínda así, a tese do artigo que mencionamos é que esa lexión planeou e construíu a Vía XIX de Braga a Astorga que, seguindo con esa teoría, atravesaría Arzúa vindo de Melide. Como indicios probatorios da presencia da Lexión IV Macedónica en Arzúa, mencionase o nome de dous ríos da comarca: o Pella (hoxe río Boente) e o Iso. Tanto Pella como Ysso son nomes de cidades macedónicas que terían inspirado aos xeógrafos que acompañaban a Agrippa para poñer nome aos nosos ríos.

|Os romanos na comarca de Arzúa