¿Morreu José Fidalgo da Castañeda nun campo de exterminio nazi?

No proxecto Nomes e voces figuran istos datos: José Fidalgo Pérez, natural de Arzúa, morreu o 6 de abril de 1941 nun campo de exterminio cando contaba 30 anos de idade. Preso en Moosburg. Deportado a Mauthausen en agosto de 1940 e trasladado a Gusen en xaneiro de 1941, onde morre.

Na base de datos do Ministerio de Cultura, que recolle o contido do “Libro Memorial. Españoles deportados a los campos nazis (1940-1945)”, editado en 2006, figura así mesmo José Fidalgo como natural de Arzúa, concretamente podemos ler:

Datos Personales
Nombre de la Persona: FIDALGO PÉREZ, José
Nacido el: 01/08/1910
Población: Arzúa – Castañeda
Provincia/Región/País: Galicia-Coruña (A)

Stalag o Prisión
Nombre: VII-A (Moosburg)
Número de Prisionero: 40386
Deportación
Fecha: 06/08/1940

Campo de Concentración: Mauthausen
Primera Matrícula: 3241
Último Destino
Estado: Fallecido
Fecha: 06/04/1941
Lugar:

No libro “Milicias Populares Galegas”, Santiago Álvarez publica un listado manuscrito de soldados republicanos que estiveron no campo francés de Barcarés e figura alí José Fidalgo Rodríguez ¿será un erro e ese miliciano era en realidade José Fidalgo Pérez?

A cuestión é que non podemos estar certos de que este José Fidalgo nacera na Castañeda, xa que no listado que publicou o BOE o 9 de agosto de 2019 de 4.427 vitimas do nacismo José Fidalgo Pérez figura nado en Castiñeira (A Coruña).

| Ficha de José Fidalgo en Nomes e voces
| Ficha de José Fidalgo na base de datos do Ministerio de Cultura
| Ficha de José Fidalgo no memorial de Mauthausen
| Blog persoal adicado a José Fidalgo (non actualizado dende 2008)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará