O Rock & Roll en Arzúa según Carlos Mariño

O rock & roll en Arzúa

Do “Caderno dos Botes Ano I, nº I” tiramos este artigo que firma Carlos Mariño e que leva por título “O Rock & Roll en Arzúa”.

Non cabe dúbida de que si os primeiros organizadores da “Festa do Queixo” polo ano 75 non decidísen exaltar o noso queixo, con actos culturais, como o famoso festival folk con grupos da calidad de: Milladoiro, Fuxan os Ventos, Brath, Na Lúa… e dos solistas: Amancio Prada, Suso Vaamonde, Emilio Cao, etc., moi probablemente Arzúa non destacaría hoxe polos concertos de rock. Pero afortunadamente e seguindo o rumbo dunha década de consagración do rock estatal, Arzúa apuntouse a “Movida” (a famosa polémica definición) acadando un alto nivel na celebración de concertos de rock.

Un dos primeiros grupos de rock en achegarse a nosa vila foron os METEORO de A Coruña, sobre 1983, pero a data clave para o despegue destos eventos musicais, foi Marzo do 85, ca actuación dos vigueses AEROLINEAS FEDERALES, que por aquel entonces lideraba o Sinietrísimo Miguel Costas, concerto pasado por auga, con escaso público, pero moi divertido. Cinco meses despois, a “Festa dos Botes” incluía no seu cartel o trío de Marín CAJA-B, que animaron a proseguir na liña iniciada.

Xa en 1986 e co motivo da XIª Festa do Queixo déuse un paso decisivo con concertos dos portugueses G.N.R. que brindaron un gran espectáculo, e de OS RESENTIDOS de Antón Reixa que presentaban, o seu xa célebre “Fai un sol de carallo” (Galicia Canibal), que se editou poucos días despois. A réplica da Festa dos Botes, dóuse con dúas bandas xa desaparecidas de A Coruña: LINEA OPUESTA e RADIO OCEANO, estos últimos e como eles recoñecen ainda hoxe, ofreceron un dos seus mellores directos da súa corta pero importante historia.

1987, comenzou cunha enorme polémica para o rock en Arzúa, a actuación de LA POLLA RECORDS, que será máis recordada pola polémica erguida que pola calidade músical do grupo abertzale. A espectación por este grupo eclipsou a actuación dos coruñeses ALGUIEN. En agosto e pese ás reservas e reticencias dunha minoría, logrouse consolidar a boa imaxe do rock no noso pobo, gracias a os DESPERADOS do carismático Fernando Martín e os Barceloneses BRIGHTON 64 (hoxe Brigatones), concerto de moi grato recordo para a xuventude da vila e dos festeiros que escomenzaban a ser adictos aos directos de Arzúa. Grupos que foron acompañados pola banda arousán VIEJA TÁCTICA.

Se tódolos concertos fortos de gran calidade, quizá o de Malevaje, Los Coyotes e La Frontera destaque pola súa gran resonancia e afluencia (dende Vigo fletaronse dous buses) os tangos postmodernos de MALEVAJE, a mensaxe latina de LOS COYOTES, do tudense Víctor Abundancia, e os potentísimos LA FRONTERA, liderados por Javier Andreu, enfervorizaron ás masas que alí se atopaban, a unha hora xa intempestiva. O día anterior, e como presaxio deste memorable concerto, os VIUDA GOMEZ a tódolos fillos adoptivos do rock en Arzúa. Na Festa dos Botes dese memos ano, 1988, celebrouse un concerto que non baixouo o alto listón do do “Queixo”, as actuacións dos daquela prometedores de A Rúa, LA ROSA, da revelación estatal e dende Sabadell: BB SIN SED, aínda hoxe inxustamente iñorados, pero moi recoñecidos en Arzúa. O memos poderíase decir do terceiro grupo, os madrileñísimos (de Chueca): BURNING, que nunha noite como a calificaba Pepe Risi: “especial para el rock and roll“, ás dúas da noite e a máis de 20 graos, os Burning interpretaban maxistralmente os seus xa clásicos “¿Qué hace una chica como tú, en un sitio como este?”, “No es extraño que tu estés loca por mi” ou o seu peculiar Johnny Be Goode que a máis de ún, emocionou a saltar con eles no escenario.

Difícil se poñía en 1989 manter o nivel do ano anterior, na Festa do Queixo, logrouse en dous días. O primeiro cos vigueses LOS CAFRES, que non contaron co insumiso Pablo Ramallo, e os lucenses THE CONTENTOS. O segundo día, e pese a calidade dos grupos, a xente non respondeu como no ano anterior, e así os hoxe tan recoécidos maiorquíns de LA GRAJA, os “primos-irmáns” de Los Ronaldos: LAS RUEDAS, e un dos mellores grupos de rock estatal hoxe en día: LOS ENEMIGOS, pasaron inxustamente desapercibidos, pero os que alí estivemos, vibramos cos tres grupos, e de xeito especial coa guitarra de Josele Enemigo. Para os “Botes”, menos apoiada economicamente resultou máis difícil, aínda, seguer nesa liña de calidade, así que optouse por reclamar de novo a Johny e Pepe: BURNING, era a primeira vez que repetía un grupo; pero os Burning, merecníanno. Xunto a eles chegaron dende Barcelona unha FLORES DEL MAL con música dos Rebeldes, Decibelios,.. e LOS PROSCRITOS, auténticos “chicos de provincia”, de Binéfar (Huesca), que versionaron o clásico de Bob Dylan: “Como una bala perdida”.

Respecto a este ano, 1990, destacaría as actuacións na discoteca, con grupos a maioría deles xa coñecidos en Arzúa: BB SIN SED, LA ROSA, LOS CONTENTOS. Pero os que si debutaron, foron os recentemente grupo revelación nacional, pola crítica máis especializada, os albacetenses: SURFIN – BICHOS, rock con profundas influencias eclesiásticas. No que se refire a Festa do Queixo, non cabe dúbida que o festival foi de gran calidade ao contar cun grupo de peso, no mundo do folk, como é Milladoiro, pero quizais se descoidase un tanto o rock, que gracias a brilante actuación dos tamén repetidores DESPERADOS, mantiveron a antorcha do rock, acompañados por LOS DALTON. Para a Festa dos Botes agárdanos un gran concerto cos míticos NIKIS (os Ronaldos españois), DOMINGO Y LOS CÍTRICOS e probablemente LOS ENEMIGOS.

Por último e inevitablemente, non podería rematar este recordo do rock en Arzúa sen facer referencia do “rock de Arzúa”, animando a toda a xente que faga rock, e música en xeral, especial a Banda de Rock local: RUTA-66, (antes LOS ELEMENTOS).

Carlos Mariño