Detido en Arzúa o carteirista “Torniquetas” coa súa amante

O número 883 do xornal “El Ideal gallego : diario católico, regionalista e independiente” publicou na data do 24 de decembro de 1919 esta información:

La Guardia civil detuvo hoy al conocido carterista Antonio González, alias “El Torniquete” y su amante Soledad Noya.

Ambos ingresaron en la cárcel de esta villa.

Está siendo elogiando el celo que despliega la Guardia civil, persiguiendo a esos pájaros de cuenta.

Nos xornais da época aparece mencionado en numerosas ocasións un malfeitor chamado Antonio González Díaz, que respondía ao alias de “Pitón”, era natural de Santa Icía de Trasancos (Ferrol) e que foi xulgado, entre outros delitos, por roubar o báculo do bispo de Mondoñedo en 1920. É probábel que se trate da mesma persoa.

Tres presos fugados do cárcere de Arzúa

O 22 de setembro de 1854 o Boletín Oficial da Provincia de Lugo, daba conta no seu número 114 (páxinas 3 e 4) da fuga de tres presos do cárcere de Arzúa sucedida o día 10 do mesmo mes a través dun anuncio do xulgado. É interesante ler a descrición tan detallada que se facilita dos fuxitivos:

Juzgado de primera instancia de Arzúa.

Hago saber: que en la tardecita del domingo 10 del corriente, se han fugado de la cárcel de esta villa los sugetos presos en ella, que con sus señas fisonómicas se espresan á continuación. Por consecuencia pido, encargo y ruego en nombre de S.M. (q. D. g.) á todas las autoridades civiles y militares, que por todos medios posibles procuren su captura y en caso de ser habidos se sirvan ponerlos á disposición de este juzgado. Dado en Arzúa a 10 de Setiembre de 1854.=Francisco Arias Carbajal.=Por su mandado, José Francisco Díaz.

Señas de Vicente Rouco.

Talla cuatro pies y ocho pulgadas mas ó menos; cara redonda; color blanco; ojos azules; nariz regular, pelo castaño claro; edad 22 años; barba poca y roja: viste montera y pantalón de tarazona; chaleco paño azul portugués, con botones de vidrio.

Idem de Antonio Freigeyro.

Talla cinco pies y una pulgada: cara redonda; color bueno; ojos azules; nariz reglar; pelo castaño, barba idem; edad 32 años: viste pantalon de estopa; chaleco de paño negro, sombreso portugués.

Idem de Antonio Rico.

Talla cinco pies cumplidos; cara larga; ojos castaños oscuros; color trigueño; edad 28 años: viste sombrero portugués; chaleco de lana blanca, pantalon de paño negro.

Polémica entre os alcaldes de Santiago e Arzúa por negarse a alimentar un preso

Esta historia, recollida na tese de doutoramento de 2012 “Administración, gestión y poder político en el Ayuntamiento de Santiago de Compostela, 1845-1868” de Ana Cristina Pérez Rodríguez foi publicada na Gaceta de Madrid do 19 de xuño de 1862. Un detido en Arzúa (Marcos Puñín) foi enviado a Santiago polo alcalde de Arzúa alegando que era veciño daquela cidade. Despois de dúas semanas de investigación, o tenente alcalde de Santiago mandouno de volta para Arzúa dicindo que era veciño deste municipio. O alcalde de Arzúa non o quixo alí e mandouno de novo para Compostela, onde o alcalde non puido procesalo por falta de competencias. O motivo de tanto traslado estaba en que ambos concellos trataban de evitar pagar o mantemento do preso.

O detido denunciou ao xuíz de primeira instancia a conduta de ambos alcaldes e o xuíz intentou procesar ao tenente alcalde de Santiago (Manuel Turnes, alcalde accidental) e ao alcalde de Arzúa (Manuel González) pero non puido facelo por que o Gobernador suspendeu a causa alegando que actuaran baixo o artigo 73 da “Ley de Ayuntamientos” de 1845.