A doazón de Maroxo ao mosteiro de Antealtares no século XIII

López Ferreiro, na súa monumental Historia de la Santa a.m. iglesia de Santiago de Compostela (libro segundo, páxina 398), falando do ano 998, dí:

Pocos años después, Suero Ramírez y Elvira Ramirez, donaron al monasterio de Antealtares, fundado al lado del templo de Santiago (fundatum ad latus templum bti. Iacobi apostoli), la villa de Marotio hacia Arzúa, y además varias familias de siervos. Confirmó esta donación el Rey D. Bermudo, y subscriben como testigos Velasco, Eneguiz, Fromarigo, Spasandiz, Egika, Veremuiz, Bera Sandizniz, etc… (De un pergamino que se guarda en la biblioteca de la Universidad compostelana)

¿Será esta anterga vila de “Marotio” da que fala López Ferreiro a actual parroquia arzuá de Maroxo? Parece que sí, pero López Ferreiro erra no nome da Vila e onde di “poucos anos” é máis dun século.

No blogue “A Nosa Historia” nunha entrada publicada o 13 de outubro de 2018 dátase esta mesma doazón no ano 1205, citando o pergamiño 17 da Colección de pergamiños do Arquivo Histórico Universitario de Santiago de Compostela e dise que se refiere a “Villae de Marogio”, sendo este topónimo de Marogio un derivado do nome greco-romano “Maro”. Nesa entrada de bloque transcribense ou traducen atra tres fragmentos do documento de doazaón, que copiamos aquí:

….agora estamos con Suero Rodríguez e Elvira, para obter unha clara, breve e completa relación territorial para non faltar á lei, aceptando de boa gana en sans condicións mentais  a villa, chamada Maroxo, que está en territorio de Aveancos do interior e o exterior, dun lugar a outro, con todas as súas pertenzas e habitantes (….)

…quem dicunt Isso sub Porto de Fratres et feret ad ark(as) (?) kovas de Geria et vadit directo ad illam mamulam, que stat super Villam de Vini (sancto) / Migahele et inde ad mamulam maiore et feret in (?) as, quomodo dividit per kapanas natale et vadit ad fontano de Annito et feret ad (?) / que dividet de Ballokaneset …

Coñecemento das persoas que viviron e deron testemuño nos casais de Marogio, fixo o reconto o señor dos que viñeran con el, estes son: Framilla e Fram(ill?) / teñen casal en Gresulfi. Garedo ten casal na Fonte Sacratam. Tatane e Ermesinda teñen casal en Quintanelas , Sandus e Recesinda teñen casal tamén en Quintanelis. Guillulfus e Maria teñen casal en Barrio. Riquoi e Ragoy teñen casal en Trucesindi. Cendon e Sintilo teñen en Combarrio. Trasulfo ten casal en Sisvaldi. Brandila e Levegodo teñen casal en La(¿). Ladredo e Argentina teñen casal en Geicos. Vimaredo e Argentina teñen casal no mesmo sitio.

Neste interesantísimo documento de hai oito séculos, podemos recoñecer algúns topónimos que seguimos a utilizar:

  • Isso (río Iso)
  • Villam de Vini ou Vila do Viño (Viñós)
  • Migahele (San Migueliño, lugar de Maroxo)
  • Fonte Sacratam (Fonte Santa, na parroquia de Lema)
  • Fontano de Annito, (Rego de Anido, afluente do río Iso)
  • Ballokaneset (Balocás, no concello de Santiso)

Outros lugares poden recoñecerse por que se describe a ubicación, pero mudaron de nome:

  • Porto de Fratres ou Porto dos Frades sería o Coto do Torrente
  • Kovas de Geria correspóndese ao lugar de Covas en Viñós

| Artigo no blogue “A nosa historia”: Maroxo; da villae romana ao Pazo da Torre. A historia dunha parroquia galega. Primeira parte.

Deixar unha resposta