No número 1.326 do xornal “El diario de Santiago, de intereses materiales, noticias y anuncios”, que se publicou o día 4 do mes de decembro do ano 1876 figuraba esta nota do corresponsal en Arzúa, que relata un feito acontecido o 2 de decembro:
Arzúa 2.
La noche amaneciendo á hoy, y despues durante el día hasta la media tarde, corrió en este país un viento ahuracanado del sur, cual nunca recuerdo. Dicen que causó en el país averías que por ahora no puedo precisar a V. En efecto fué horroroso aquí, tal vez por la posición alta del pueblo. Pero lo que más espanto causó a estos habitantes fué el imponente temblor de tierra acompañado de un sordo ruído á mucha profundidad, y en dirección de sur a norte, á las once y media de la mañana.
Gracias a colaboración de Jesús Bendaña chegou ata nos o programa dunha “caprichosa velada literario-musical”, celebrada no salón de Don Argimiro (situado onde hoxe está o Hotel 1930, na esquina da Rúa Xosé Neira Vilas e a Rúa das Dores e na que houbo música e teatro. O programa non está datado, pero polos participantes supoñemos que sería a principios dos anos 30.
ARZÚA SALÓN DE DON ARGIMIRO
El lunes 25 de Diciembre a las ocho y media en punto de la noche se celebrará una caprichosa VELADA LITERARIO-MUSICAL con arreglo al siguiente
PROGRAMA
1.ª PARTE
1.º La rondalla de la pandilla dará comienzo a la sesión interpretando el hermoso pasodoble flamenco que lleva por título “LA CRUZ DE MODA”
La Razón del Silencio
2.º La sin par pandilla titular de Veladas en la que figuran los cómicos “Maurice Chevalier” y “Rodolfo Valentino” pondrá en escena la graciosa comedia cómica en tres actos de Manuel de Góngora, titulada:
= Reparto =
Doña Rosario
Srta. Isabel Rodríguez
Carmen
“ Carmiña Quintela
Patro
“ Maruja López
Casta
“ Rita Vázquez
Don Emilio Venegas
Sres. Joaquín A.Vázquez
Don Nemesio
“ Juan Raposo
Manolo
“ Manuel Casal
Ramón
“ Eladio Bendaña
2.ª PARTE
1.º Intermedio por la rondalla con el estreno del alegre Valss
“EL LATIGO” Formidable éxito de la rondalla
2.º Estreno del simpático y chispeante entremés cómico de Cervantes, titulado:
El Juez de los Divorcios
=REPARTO=
Mariana
Srtas. Isabel Rodríguez
Doña Guiomar
“ Maruja López
Aldonza de Minjaca
“ Carmiña Quintela
Juez
Sres. José Fernández
Escribano
“ Rafael Raposo
Vejete
“ Juan Raposo
Santiago
“ Ramiro Rodríguez
Cirujano
“ Manuel Casal
Ganapan
“ Ricardo Carreira
Músicos
“ |Joaquin A. Vázquez
“ |Eladio Bendaña
¿Qué le falta a este programa?
La despedida con el número de UNA SORPRESA
Esta pandilla cuenta con los elementos siguientes: Empresario, D. Rafael Raposo. Decoradores, Sres. Cea Rodríguez y Bendaña Varela. Director de Rondalla, D. Alfonso Vázquez. Electricista, Juan Raposo. Peluquero, Sr. Fernández. Director de Escena, Sr. Martínez. Primer actor y Director, Sr. Vázquez. Apuntador, Sr. Bendaña. Apoderado, Sr. Casal Sande. Secretario, Sr. Rodríguez Ramos.
O 7 de agosto de 1896 o xornal da Coruña “La Voz de Galicia” publicou na súa sección “De Sol a Sol”:
Según comunica la fuerza de la Guardia civil del puesto de Arzúa, fueron detenidos ante anoche los jóvenes Pastor López Sánchez y Jesús Moscoso por haber arrojado en el buzón de la administración de correos de aquel ayuntamiento piedras, barro y excremento, inutilizando la correspondencia que allí había depositada.
Los mencionados jóvenes fueron puestos á disposición del juez municipal del distrito.
No 2003 o artista Jesús López Araquistain, nado en Logroño en 1951, pasou por Arzúa facendo o Camiño de Santiago, e fixo este debuxo que se pode ver na súa páxina web.
Hoxe compartimos un vídeo que recolle un fragmento do capítulo 191 do programa da TVG, “Ben Falado”, no que se comenta con detalle a posible orixe do topónimo “Arzúa”.
Aquí queda o devandito vídeo, e a continuación a transcrición do seu audio..
O Códice Calixtino do Século XII, describindo o Camiño de Santiago, cando pasa por Arzúa, non anota este topónimo. Menta “Sanctus Iacobus de Boento”, “Castaniola”, “Vilanova” e “Ferreras”, pero todos os especialistas cadran en asegurar que esa “Vilanova” situada entre as parroquias de Castañeda e Ferreiros é a vila de Arzúa, aínda que hoxe non haxa nesta zona Vilanova ningunha. Ese nome de “Vilanova” dinos que no tempo do Códice Calixtino a Arzúa primitiva medrara e creara un barrio novo, e é normal que o camiño pasase por onde nese momento había máis vida. As guías francesas do Camiño aínda seguen mentando os dous nomes ata o século XVIII: “Arzúa chamada Vilanova”, pero co tempo o nome antigo de Arzúa englobou tamén a Vilanova.
Arzúa rima con topónimos como Eirexúa, Ferreirúa, Pereirúa e Folgueirua, que son diminutivos de Eirexa, Ferreira, Pereira e Folgueira. Así que, Arzúa debería ser diminutivo de Arcia, un lugar que existiu na parroquia arzuán de Lema, de feito figura Arzola nun documento de 978 e a forma actual Arzúa xa aparece nun documento do 1283, pero ¿de onde virá ese diminutivo Arzola? Houbo quen o quixo emparentar coa palabra basca “artza”, que significa pedregal, pero parece máis atinado consideralo unha evolución de “Arciola”, que sería irmán de “Arcela”, un diminutivo de Arca, polo tanto Arzúa significaría unha arca pequena ou unha arquiña, un dos nomes galegos do bretón Dolmen.
No proxecto Nomes e voces figuran istos datos: José Fidalgo Pérez, natural de Arzúa, morreu o 6 de abril de 1941 nun campo de exterminio cando contaba 30 anos de idade. Preso en Moosburg. Deportado a Mauthausen en agosto de 1940 e trasladado a Gusen en xaneiro de 1941, onde morre.
Na base de datos do Ministerio de Cultura, que recolle o contido do “Libro Memorial. Españoles deportados a los campos nazis (1940-1945)”, editado en 2006, figura así mesmo José Fidalgo como natural de Arzúa, concretamente podemos ler:
Datos Personales Nombre de la Persona: FIDALGO PÉREZ, José Nacido el: 01/08/1910 Población: Arzúa – Castañeda Provincia/Región/País: Galicia-Coruña (A)
Stalag o Prisión Nombre: VII-A (Moosburg) Número de Prisionero: 40386 Deportación Fecha: 06/08/1940
Campo de Concentración: Mauthausen Primera Matrícula: 3241 Último Destino Estado: Fallecido Fecha: 06/04/1941 Lugar:
No libro “Milicias Populares Galegas”, Santiago Álvarez publica un listado manuscrito de soldados republicanos que estiveron no campo francés de Barcarés e figura alí José Fidalgo Rodríguez ¿será un erro e ese miliciano era en realidade José Fidalgo Pérez?
A cuestión é que non podemos estar certos de que este José Fidalgo nacera na Castañeda, xa que no listado que publicou o BOE o 9 de agosto de 2019 de 4.427 vitimas do nacismo José Fidalgo Pérez figura nado en Castiñeira (A Coruña).
O famoso fotógrafo Manuel López, nado en Vilasantar en 1946 e falecido en Dena (Alicante) en 2014 obtivo esta imaxe na feira de Arzúa en 1976. Está disponible na web “Tenerife Espacio de las Artes”.
O domingo 31 de maio de 1981, dentro do programa das Festas de Ascensión de Santiago de Compostela, xuntáronse varias corais polifonicas nas “Xornadas de irmandade de coros galegos”. Froito dese encontro foi o LP ·Corales populares galegas en directo – Plaza de la Quintana-Santiago – Amigo 06-81-L”, que contiña 12 pistas:
01 – Coral Polifónica do Liceo de Noya – Bágoas e lumieiras 02 – Coral Polifónica de Vilaxoan – Rula 03 – Coral Voces do Son – O cruceiro do Son 04 – Coral Polifónica do Carballiño – Feliz primaveira 05 – Coral Polifónica das Pontes de García Rodríguez – Catro vellos mariñeiros 06 – Coral Polifónica de Ponteareas – Como chove miudiño 07 – Coral Polifónica de Arzúa – Morriña 08 – Coral Polifónica de Lestonac de Cangas – Brisiña 09 – Coral Atlántida de Matamá – Roseiriña 10 – Coral Polifónica Meigas e Trasgos de Sarria – O galopín 11 – Coral Colexiata de Sar – Mariñeiros 12 – Las Corales y el pueblo – Himno galego
Compartimos o corte número 7: “Morriña” interpretada pola Coral Polifónica de Arzúa.
A tese doutoural de Joaquín Caridad Arias, dirixida por Carmén Díaz Alayon no curso 2003-2004 na facultade de Humanidades e Ciencias sociais da Universidade de La Laguna e titulada “Los fenómenos de la homonimia y la homofonía en la toponomástica y su repercusión en las etimologías cultas y populares de la Europa Occidental (ISBN 8477565597) di na súa páxina 360:
Domboda en Lugo y Dombodán en La Coruña proceden del nombre Dominus Boda-nus, el mismo del Bodanensis cenobius y del Bodensee (esp. lago de Constanza), que cabe relacionar con el nombre celta-germánico Bodo o boudo.
En outras palabras, o topónimo Dombodán estase a referir ao deus xermánico Bodán, máis coñecido como Odín, cuio culto chegaría a estas terras traído polos suevos.
Atopamos esta foto en pinterest coa lenda “Mulleres nunha feira en Arzúa”, non figura data nen fonte. Aparece sobreimpreso o texto www.folcloregalego.org, pero lamentablemente esta páxina web xa non está disponible, polo que non podemos tirar dela máis información. En outro sitio web (Historias de Ordes) aparece coa lenda “1920: na feira de Santiago”, o que da lugar á dúbida.
ACTUALIZACIÓN: No grupo de Facebook “Ollar Galicia. Fotografía antiga” publicouse esta foto o 20 de xaneiro de 2022 con esta lenda:
Na feira en Arzúa (A Coruña) anos 20 primeira década dos 30 Ksado. No libro; Ksado Álbum. Centro de Estudos Fotográficos Luis Casado Fernández (Ávila, 1887 – Santiago de Compostela, 1972)