“Morriña”, cantada pola coral de Arzúa na praza da Quintana

O domingo 31 de maio de 1981, dentro do programa das Festas de Ascensión de Santiago de Compostela, xuntáronse varias corais polifonicas nas “Xornadas de irmandade de coros galegos”. Froito dese encontro foi o LP ·Corales populares galegas en directo – Plaza de la Quintana-Santiago – Amigo 06-81-L”, que contiña 12 pistas:

01 – Coral Polifónica do Liceo de Noya – Bágoas e lumieiras
02 – Coral Polifónica de Vilaxoan – Rula
03 – Coral Voces do Son – O cruceiro do Son
04 – Coral Polifónica do Carballiño – Feliz primaveira
05 – Coral Polifónica das Pontes de García Rodríguez – Catro vellos mariñeiros
06 – Coral Polifónica de Ponteareas – Como chove miudiño
07 – Coral Polifónica de Arzúa – Morriña
08 – Coral Polifónica de Lestonac de Cangas – Brisiña
09 – Coral Atlántida de Matamá – Roseiriña
10 – Coral Polifónica Meigas e Trasgos de Sarria – O galopín
11 – Coral Colexiata de Sar – Mariñeiros
12 – Las Corales y el pueblo – Himno galego

Compartimos o corte número 7: “Morriña” interpretada pola Coral Polifónica de Arzúa.

Deixar unha resposta