Un gaiteiro de Arzúa que acompañou a Colón (na imaxinación de Xosé Fernández Ferreiro)

No xornal La Voz de Galicia, o 23 de novembro de 1986 publicouse que un gaiteiro de Arzúa acompañaba a Cristobal Colón na súa famosa viaxe de descoberta, e que o almirante mandou que o tirasen pola borda. Lástima que esto foi nunha “fábula fabulosa” inventada polo escritor Xosé Fernández Ferreiro, e non na realidade.

Este é o texto completo:

Poñer hoxe en dúbida que Cristóbal Colón era -é— galego non se debe mais que á ignorancia de moitos e a mala uva douiros tantos. Despois dos datos irrefutables, amplamente documentados e contrastados, dos nosos ilustres historiadores e investigadores especializados no tema, parece absurdo pararse a falar de semellante cousa, pois ninguen, con catro dedos de frente, pode poder en tea de xuicio un feito tan evidente.

Colón era galego. Era de Pontevedra, inda que algúns digan que era oriundo de Sarria ou de Castro Caldelas. A tese dos nosos ilustres historiadores, por se houbese sospeitas, foi confirmada, como todos saben, polo profesor Braga, da universidade portuguesa do Miño, quen descubriu os chamados «papiros de Ponte do Lima» nos que se atopan tódolos datos referentes á orixe do héroe da gran descuberta. Segundo estes papiros. Colón —xudeo el—, «era nativo da ría de Pontevedra, non da cidade mesma, senón de Portonovo, anque a súa familia aprocedía de Cangas de Morrazo». Nestes importantes documentos tamen se demostra que tanto Vasco de Gama como Américo Vespucio, eran igualmente galegos, o primeiro de Muros e o segundo de Redondela, patria de Xan Carallás, e o seu verdadeiro nome era o de Carlos Lobeira o Zorro. Pola súa banda, Magallanes era nativo da illa de Tambo. Outra revelación insólita: Miguel Angel, o gran escultor do Renacemento italiano, era fillo dun canteiro de Cotobade que emigrou a Carrara, en Toscana, para traballar os mármores con destino ós monumentos de Roma e de Florencia, Entre os canteiros de Pontevedra aínda queda hoxe algún que outro Buonarroti.

Os papiros de Ponte do Lima — que se gardan no Museo Británico— foron minuciosamente estudiados polo profesor Papirotti, da universidade de Xénova, quen «con moito pesar, pero fiel á realidade histórica», declara nun ampio traballo sobre o tema, que «sen dúbida algunha. Colón era galego». Este profesor, de gran prestixio e solvencia en Europa e América, foi o primeiro que puxo en dúbida, dunha manera científica, a existencia dos celtas. Para o profesor Papirotti, a presencia destes no vello continente e os seus asentamentos en Francia, Inglaterra e España -tamén en Galicia-, entre outros lugares, é unha gran falacia creada polos erros dos historiadores -de tempos pasados que se basearon mais en lendas e en datos confusos, nunca demostrados, que na realidade dos feitos, «pecado no que caen moitos estudiosos da historia, de ai as confusións que ás veces orixinan».

Pero volvamos a Colón. Según os papiros do profesor Braga, Colón, antes de ser almirante, foi pirata, e antes de pirata, salteador de camiños e forzador de doncelas. «De non ser Pedro Madruga —sinala o profesor lusa—, estaba emparentado con el ou era o seu dobre». Tampouco descarta a posibilidáde de que o almirante da descuberta descendese, por liña directa, de Xelmírez ou da mesma Dona Urraca. Outra cousa, demostrada, é que Colón quixo dar volta despois de varios días de emprender a súa viaxe, pois o home tiña medo da aventura iniciada. Gracias ó valor de moitos mariñeiros galegos que ían con el, tirou para adiante, descubrindo América por casualidade», según os papiros, anque Américo Vespucio chagara xa antes, igual que outros navegadores galegos, entre eles Paio de Arce, Simón Piteira de Luintra e Fernando Fernández o Adiantado.

Por certo, parece que nunha das carabelas ia un gaiteiro de Arzúa. De cando en vez tocaba o seu instrumento para divertir ós compañeiros da viaxe sobre o mar tenebroso. Un día que o oiu Colón mandou que o botasen pola borda. Tampouco deixaba que se falase o galego nas naves. A os que o facían ordeaba que lies tapasen a boca con estopa, cando non que lles cortasen a lingua. Cando chegou a América co primeiro que se atopou foi cun afiador de Ourense que o saudou na fala nativa. O almirante, descomposto ó oir e ver tal, mandou que e o descabezasen.

Colón, pois, era galego, pero un mal galego «indigno de tan fermomosa e nobre patria» (sic), según din os papiros de Ponte do Lima. Tal vez por iso sempre ocultou o lugar da súa nacencia. Se asi foi, gran cousa non debía ser o tal navegador.

A epidemia de colera de 1853 en Arzúa según José María Bojart y Giraldez

Nun libro de 1853, impreso en Santiago na imprenta de Jacobo Souto e Hijo, que leva por título “Prontuario químico para comprobar la identidad y pureza de los principales artículos de consumo y demostrar o descubrir las adulteraciones que suelen sufrir” atopamos varias referencias á vila de Arzúa e a unha epidemia de cólera. O autor do libro é Don José María Bojart y Giraldez (alumno do último ano de farmacia naquel tempo e rexente dun botiquín que se estableceu en Arzúa). Da lectura de dito libro, atopamos:

  • O autor foi encargado dun botiquín que o Gobernador mandou establecer na Vila de Arzúa con motivo da “féroz y aterradora fiebre epidémica” que houbo neste pobo e o seu partido xudicial.
  • O seu mandato durou dende o 1 de xuño ata o 10 de novembro de 1853.
  • O alcalde de Santiago de Compotela foi quen lle ordenou ao autor facerse cargo do botiquín
  • Na vila de Arzúa non había daquela residindo ningún médico, ainda que si había varios a pouca distancia
  • O autor pensa que o foco de infección estaba no cárcere, pola súa mala consrucción e non ter luz nin ventilación e onde estaban máis de cen persoas,
  • José María Bojart mandou quitar ao campo os presos da cárcere e desinfectar os calabozos, e renovar a palla na que dormían os presos,
  • Tamén mandou desinfectar a igrexa parroquial, o cementerio e as vivendas dos enfermos.
  • Preparou medicamentos, que se entregaron gratis aos pobres (eran os cregos quenes indicaban quen tiña esta condición) e cobrándollos aos máis acomodados
  • Enviouse tamén á vila ao profesor D. Pedro Mosquera

|O libro completo en PDF pódese descargar neste enlace ou na sección de descargas.

Arzúa na guía Galicia Enteira de X.L. Laredo Verdejo

Edicións Xerais de Galicia publicou en 1985 unha serie de 12 guías na colección “Guías montes e fontes” elaboradas por Xosé Luis Laredo Verdejo coa colaboración de Constantino Fernández Álvarez, Xosé María Laredo Verdejo e Efrén Vázquez Vázquez. O volume 8 (ISBN 8475071872) desta serie de guías, que leva o subtítulo “A Ulloa. Terra de Melide. Deza e Chantada” adica unhas poucas páxinas a Arzúa, no capítulo “de Lugo a Santiago”:

66 km (Marco 577 Km). ARZÚA é a cabeza dun concello (7.377 habitantes; 47,7 hab./Km²) basicamente agrícola e gandeiro, espallado polos fértiles valiños dos ríos Boente, Rendal e Brandeso, que enchen o encoro de Portodemouros. Os productos da terra comercializanse nunha importante feira-mercado que se celebra os días 8 e 22 de cada mes.

Como vila que atravesaba o Camiño Francés, tivo a súa importancia, da que queda lembranza no Códice Calixtino e na capela da Madanela, semiabandonada. Esta capeliña, obra do século XVII, garda a sepultura de Alonso Muñiz, o seu fundador.

Entre os variados e saborosos froitos desta terra de Arzúa, destacan os afamados queixos, que se ensalzan nunha falangueira feira ós comenzos do mes de Marzo.

Do centro de Arzúa sae unha estrada contra o Sur na dirección da Vila de Cruces (26 Km.) Este camiño ten un percorrido pintoresco por belas paisaxes deica a represa de Portodemouros. Alí atravesa o Ulla e empata coa estrada de Valboa á Vila de Cruces. Os 5 Km. de Arzúa veredes desde a mesma estrada o pazo de Brandeso.

O pazo de Brandeso é hoxe un edificio rectangular macizo con capela afastada e portalón de entrada moderno, resultado de reformar un antigo pazo señorial que, consonte a inscripción na capeta foi construído no ano 1.544. No beirado do edificio apuxeron coma adorno as almenas da antiga torre desfeita en 1908. Na capela están sepultados os fundadores, Fernán Montero de Mella e Inés de Villar e Aguiar. O nome deste pazo foi recolido por Valle Inclán para situa-los amores do marqués de Brandomín en “Sonata de Otoño”.

Promocionando Arzúa en 1972 con dous adhesivos

Compartimos hoxe dous adhesivos que, encargados por dous rapaces de Arzúa, en 1972, (Jesús Bendaña e Chicho Vidal) produciu a empresa Serigrafia Gallega (Álvaro Álvarez Blázquez) de Vigo. Unha delas co lema “Arzúa Terra do Queixo” e outra co de “Arzúa Centro da Galiza”. As dúas levaban a lenda “Feiras días 8 e 22”.

Consérvase a carta co presuposto para 500, 1.000 e 2.000 exemplares. A xulgar polas duas letras de cambio que tamén se conservan e que fan un total de 7.584 pesetas, parece que a tirada foi dunhas 500 unidades.

Arzúa, Terra do Queixo. Feiras día 8 e 22. De 5 x 22 cm
Arzúa. Centro da Galiza. Feiras días 8 e 22. 8 x 10,5 cm
Carta co presuposto
Unha das duas letras de cambio coas que se pagaron os adhesivos

Discurso do alcalde Juan M. Vidal García na súa toma de posesión

O 24 de decembro de 1932, tras a renuncia de Jesús Vilas Lamas ao cargo de alcalde de Arzúa por motivos de saúde, a corporación por aclamación nomeu como sustituto a Don Juan M. Vidal García. Tras advertir o secretario, José Ramón Bescos y Pérez, que a votación debía ser secreta, votouse e don Juan M. Vidal obtivo doce votos a favor e unha papeleta en branco (¿a súa?). Ese mesmo día, o recén nomeado alcalde dirixeuse ao vecindario nestes termos:

Al vecindario de este municipio:

Al tomar posesión de la Alcaldía, me creo en el deber de hacer un llamamiento a todos los vecinos de este municipio, solicitando su apoyo para el mejor acierto en mi gestión. Es mi propósito y está en mi ánimo, hacer labor progresiva en beneficio de los intereses tanto de la parte rural como de la villa, creando servicios o mejorándolos, y dotando al municipio de todas cuantas mejoras permitan las posibilidades presupuestarias, atendiendo preferentemente aquellas que sean de una mayor urgencia.

Excuso enunciar que todo vecino, que así como tiene deberes que cumplir le asisten también derechos que ejercitar, cuando éstos tengan relación con esta Alcaldía, pueden, con la libertad que las Leyes de la Republíca otorgan a todos los ciudadanos, acudir a esta Presidencia, en la seguridad de que habrán de encontrar justicia, dentro del mandato y atribuciones del cargo.

Laborar por el bien común, ya que con ello se tiende al bienestar de la humanidad, es deber de todo buen ciudadano. Por ello encarezco al vecindario que, dejando aparte las pequeñas diferencias que pudieran existir entre los que nos vemos obligados a una constante convivencia, procure que, sin humillaciones ni rencores para nadie, se depongan determinadas actitudes, en bien y para la tranquilidad de este honrado vecindario, dando así la nota simpática de que al fin todos somos hermanos cuando del bien de Arzúa se trata.

Así los espera de la cultura y laboriosidad del vecindario de Arzúa vuestro Alcalde.

Juan Vidal

Monumento a Juan M. Vidal na praza da Vila (foto: wikipedia)

Este alcalde, que empezou o seu mandato chamando a que os arzuáns deixaran a un lado as súas diferencias, tras o golpe de estado do 1936 foi detido e asesinado en Compostela. A súa viuva Alicia Viaño foi desterrada a Astorga e retirouselle a licenza para comercializar apeiros.

Sermón do coengo Santiago Pastoriza en Arzúa no 1831

Hoxe compartimos o “Sermón que en la solemnísima función de la bendición de bandera del batallón de voluntarios Realistas de la villa de Arzúa y pueblos de su partido predicó el 30 de mayo de 1831 el doctor D. Santiago Pastoriza, Taboada y Martinez, Canonigo de la Santa Apostólica y Metropolitana Iglesia de Santiago, condecorado por S.M. con el escudo de fidelidad y natural de la misma Villa“. Deste sermón, podemos extraer algúns datos interesantes:

  • Houbo un batallón de voluntarios realistas, composto por máis de 600 homes “ricamente equipados e uniformados”. Os seus integrantes, ademáis da vila de Arzúa que lle daba nome, proviñan de Maroxo, Melide e outros lugares das diócesis de Lugo e Mondoñedo.
  • O 30 de maio de 1831 Francisco María de Gorostidi (coengo e capelán do batallón realista de Compostela), bendixo a súa bandeira en representación do Arzobispo nunha ceremonia na que predicou o crego arzúan Santiago Pastoriza,
  • Que o concello de Arzúa significouse naquela época como realista, escribindo nos anos 1812, 1813 e 1814 cartas ao Goberno e as cortes en defensa do tribunal da inquisición, dos diezmos, dos regulares e dos dereitos dinásticos de Fernando VII,
  • En febreiro de 1814, con ocasión dun incidente cos diputados La Reyna e Conde de Vigo sostivo os dereitos da monarquía,
  • O 8 de febreiro de 1823 Arzúa foi pioneira na reivindicación dos dereitos dinásticos de Fernando VII, no contexto da Guerra Realista
  • O predicador identifica a nosa Arzúa coa Araduca de Ptolomeo, e refírese aos arzuáns como “araducanos”,
  • Na noite do 19 ao 20 de marzo de 1823 houbo un enfrentamento en Arzúa entre soldados constitucionais e realistas (a partida da Mota, dirixida por José Ramos) que provocou o derrubamento da torre vella da igrexa,
  • Don Gregorio Pastoriza y Taboada, procurador xeral da vila e concello de Arzúa (xa falecido no 1831, cando se leu o sermón) foi para o predicador un heroi nos primeiros momentos da invasión francesa,
  • O capelán do batallón foi don Andrés Prado e Losada, cura párroco de Boimorto.
  • No sermón estaba presente Andrea Gil, viuva de Pedro Villar, falecido nun combate na vila de Arzúa.

Citamos a continuación o resumo publicado o 25 de xullo de 1935 no xornal “El Compostelano” e que redactou Eduardo Lence Santar y Guitián.

Después del exordio, en las primeras páginas lanza un canto a Arzúa y a los voluntarios Realistas.

Dice, entre otras particularidades, que Arzúa “fue siempre grande, sin ceder a pueblo alguno de la península, no sólo en el celo y defensa de nuestra religion santa, sino en el amor y la lealtad y obediencia a sus reyes y soberanos. Diganlo sino los frecuentes escritos y enérgicas representaciones que en los años 1812, 13 y 14, viendo vulnerados los sagrados cánones y nuestra legislatura, dirigió al seno del Gobierno y de las Cortes en defensa del Tribunal de la Fe, de los diezmos, de los regulares, y en sostener y vindicar los derechos de S.M. cuando lo ocurrido en Febrero de 1814 con los diputados de La Reina y Conde de Vigo.

Leánse los más acreditados periódicos de la Nación y en los números 12 y 14 de “El Exacto Correo”, 80 de “El Sentato”, 97 de “La Estafeta” y 113 de “El Procurador”, no sólo hallaréis allí mucho más de los que llevo insinuado, sino ciertas notas y observaciones que se hacen el más glorioso timbre y blasón de esta memorable Villa y sus habitates”.

Más adelante exclama: “Quien sino Arzúa dió el primer grito por los derechos legícimos de S.M. el 8 de Febrero de 1823, resonando ya su eco el día siguiente en casi toda Galicia, con tal sorpresa e indecible júbilo de todos los amantes del Rey de la Nación”.”¿Quienes fueron sino los guerrillereos y Realistas de la montaña, hijos de esta misma villa y sus inmediaciones, que do sdías después, al mando de aquel héroe, tan joven como valiente (1), hubieran arrollado entermente a los constitucionales en la reñida y sangrienta acción del puente Castro, a no haber quedado tendido en el campo de batalla este caudillo de su pueblo, con la misma gloria que Judas Macabeo y sus hermanos? ¿Y que diré también de lo ocurrido aquí mismo y e estas mismas calles, la noche del 19 al 20 de Marzo del mismo año, donde doce hombres, con su Comandante (2) y un subalterno (3), de la intrépida partida de la Mota hicieron rendir las armas a discreción a veinte y tanto soldados constitucionales con su oficial, persiguiendo y batiendo acto continuo, con igual denuedo y bizarría en las alturas de la Castañeda y puente Revadiso las tropas revolucionarias que de Mellid venían en su ayuda y socorro, y que después en gran número volvieron de noche sólo a vengarse de las campañas que hicieron pedazos.”

En una nota de la pág. 13 dice que Ptolomeo, en el libro 8º de su Geografía Universal habla de “Araduca”, vulgo Arzúa.

En otra, de la página anterior, se dice que bendijo la bandera del Batallón de Voluntarios, en nombre del Excmo. Sr. Arzobispo D. Fr. Rafael de Vélez, D. Francisco María de Gorostidi, canónico, cardenal y capellán del Batallón de Voluntarios Realistas de Santiago, y uno de los guerrilleros que en la última revolución más persiguieron , dentro y fuera de su país (Guipúzcua), a los enemigos del Altar y del Trono.

Gallego de corazón, el Dr. Pastoriza, en las páginas 21-22, manifiesta: “Pero, ¡oh Galicia, Galicia! ¿Que diré de ti después de haber resonado el eco de tu nombradía hasta más allá de la cumbre del honor y el estruendo de tus victoriosas armas hasta los ángunlos más recónditos del mundo civilizado? Tú, que hiciste revivir el espíritu militar en toda Europa, y concebir en los gabinetes humillados por la tiranía, las más lisonjeras esperanzas de recobrar tu antiguo lustre y esplendor: tú, que al filo de tus alfanjes, aunque arrinconados llenos de orín, viste caer a tus pies el resto de los vencedores de Austerliz, Jena y Marengo: Tú, que con la nueva táctica de tus brigans hiciste retrocedde de tu presencia y aun llenar de pavura al mismo coloso Bonaparte, sin perdonar desde tus guaridas y emboscadas, a sus tan decantadas águilas del Norte: Tú, que en cinco meses sacudiste el yugo de tu esclavitud en el Puente Sampayo, y ayudaste con tanta gloria a sacudir el de toda la Península en el Vidasoa: Tú, en fin, tan engradecida, tan encumbrada y tan llena de timbres, blasones y trofeos, ¿cómo no te estremeces al ver la desvergüenza y osadia con que un puñado de salteadores te insultan y vilipendian, tratando de comprometer tu envidiable tranquilidad y sosiego?”

En la página 29 dedica un recuerdo al valiente D. Gregorio Pastoriza y Taboada, diputado, procurador general de la villa y concejo de Arzúa, quien, en los primeros momentos de la invasión francesa, expusiera con tanto celo su vida.

|Sermón completo

Cando o cura de Arzúa se queixou ao Gobernador Civil

No arquivo do Reino de Galicia (Refª ES.GA.15030.ARG/1.3.2.10.1.2.10.1.9.37.//32534-19) consérvase un documento datado o 3 de xullo de 1937, co título “Denuncia formulada por José María Escudeiro, cura de Arzúa, sobre os cánticos que veciños lle dán fóra da casa reitoral e outros feitos que se producen nesa vila.” Reproducimos un fragmento dese documento, e ao final enlazamos o documento completo:

Excmo. Sr. Gobernador Civil de la provincia de la Coruña.

El que suscribe, Cura de la parroquia de Santiago de la Villa de Arzúa, atentamente pone en su conocimiento los hechos siguientes:

Un vecino de la parroquia de Lema, José Curros López, vino varias veces a gritar, y lo hizo el tiempo que quiso, de noche, diciendo que el Cura, que suscribe, era un ladrón y otras frases por el estilo. Parece que aquí en la villa lo emborracharon y le mandaron hacer lo que hizo.

En la semana de Carnavales los vecinos de esta Villa, Manuel e Ignacio López Viñas, Ricardo Valiño Boo y algunos más, después de permanecer hasta la madrugada en el café de esta Villa del que es propietario, o por lo menos de esta Villa del que es propietario, o por lo menos está al frente de él, Carlos Mosteiro Aller, salen de él y delante de la Casa Rectoral, eran las cuatro de la mañana, y donde vive el que suscribe, canta con las música del himno de Riego: “Si los curas y frailes supieran, la paliza que van a llevar, etc.” y luego este: “O Cura cando vai fora, deixalle dito á criada, veña tarde veña cedo, deitate na miña cama.”, etc.

Este café permanece abierto con mucha frecuencia hasta la madrugada donde se blasfema, se pronuncian otras palabras soeces y más, siendo escándalo para la gente joven y niños, al igual que de perversión. Como el escándalo que, entre otros, dieron, pocos días después del anterior, un grupo de individuos que después de emborracharse salieron a la calle vociferando y blasfemando, llegando a pelearse entre ellos.

|Documento de tres páxinas coa denuncia completa

As películas proxectadas no “Cine Arzúa” da Empresa Fuentes nos anos 1955 e 1956

Según lemos no libro de Armando Cascón “Arzúa na memoria, espello histórico dunha terra” (Deputación da Coruña, 2005, ISBN 84-9812-018-7) José Fuentes Colmeiro inaugurou o Cine Arzúa o 19 de marzo de 1954 coa proxección da película “El Judas”. O operario era Alfonso Vázquez e o proxector xa estaba adaptado ao sistema Cinemascope.

Imaxe da porta do cine publicada en Arzúa na memoria, páxina 148

Grazas a que Juan do Serrano (Juan Rodríguez Cascón) gardaba as entradas cando ia o cine, aos seus 21 anos, anotando polo reverso a data, a película que botaban e algún detalle máis (NO-DO que se emitía, festas que se celebraban…) contamos hoxe cunha lista de 65 películas proxectadas no “Cine Arzúa”, da “Empresa Fuentes”, situado na Avenida de Lugo 17, xunto coa “Cafetería Cuki”.

Cabe destacar que, o reverso da entrada para ver “El hombre en las tinieblas”, temos unha evidencia da primeira etapa da Festa dos Botes.

O 16 de outubro de 1955 celebrouse a moi arzuá Festa dos Botes, según anotou Juan

Aquí vai a lista de 65 das películas que se viron en Arzúa naqueles tempos. Grazas a súa filla Belén por compartila con arzua.net.

  • 29/05/1955, Lola la piconera, 11:00
  • 02/06/1955, Sucedió en la 5ª avenida, 10:30
  • 05/06/1955, Dos tipos de cuidado, 8:30
  • 08/06/1955, La hermana San sulpicio, 6:30
  • 10/06/1955, Gloria Mairena, 11:00, Festas Corpus
  • 16/06/1955, Mil ojos tiene la noche, 10:30
  • 19/06/1955, El alcalde de Zalamea, 8:30
  • 22/06/1955, El bombero atómico, 16:00
  • 29/06/1955, Mentira latente, 11:00
  • 26/06/1955, Diez Valientes, 8:30, San Payo
  • 03/07/1955, De mujer a mujer, 11:00
  • 08/07/1955, Amor maldito, 11:00
  • 10/07/1955, Don Juan, 11:00
  • 12/07/1955, No basta ser charro, 11:00, Pro Festas do Carme
  • 18/07/1955, Los ojos dejan huellas, 8:30, Festa do Carme
Os arzuáns que foron ao cine viron “Los ojos dejan huellas” no Carme de 1955
  • 22/07/1955, Fuego en la sangre, 11:00
  • 24/07/1955, Bienvenido Mister Marshall, 8:30
  • 02/07/1955, Cita a las 11, 11:00, estropeouse a máquina o domingo
  • 08/08/1955, Los hijos de nadie, 11:00, non houbo luz o domingo
  • 14/07/1955, El padre de la novia, 8:30
  • 21/08/1955, El padre es abuelo, 8:30
  • 28/08/1955, Spartaco, 8:30
  • 04/09/1955, La isla del tesoro, 11:30, No-do 634 A
Dous fotogramas do No-Do emitido en Arzúa o 04/09/1955
  • 08/09/1955, Tarzán y la cazadora, 11:00
  • 18/09/1955, Él y su enemiga, 8:30, No-Do 636 A
  • 25/09/1955, El pescador de coplas, 11:00, No-do 637 A
  • 02/10/1955, Corea hora 0, 8:30, No-do 633 A
  • 08/10/1955, Androcles y el león, 11:10, Fonte Santa
  • 16/10/1955, El hombre en las tinieblas, 8:30, Festa dos botes, nodo 640 A
  • 23/10/1955, El hijo de Robin de los bosques, 11:00, No-do 641 A
  • 28/10/1955, Buenos días señor elefante, 10:30
  • 01/11/1955, Faldas a Bordo, 7:00, No-do 642
  • 06/09/1955, Drama en presidio, 7:00, No-do 643-A
  • 08/11/1955, Los sobrinos del zorro, 6:00, No-do 643-A
  • 13/11/1955, Esposa último modelo, 11:00, No-do 644
  • 20/11/1955, Marihuana, 10:00, No-do 465
  • 22/11/1955, La ilusión rota, 10:00
  • 24/09/1955, Asi es Madrid, 7:00, Nodo 641-A
  • 04/12/1955, Huyendo de sí mismo, 10:00
  • 08/12/1955, Casado y con dos suegras, 10:00
  • 11/12/1955, Cantar y no llorar, 7:00, Nodo 648-A
  • 18/12/1955, La leyenda de Genoveva, 7:00, Nodo 649-A
“La leyenda de Genoveva”, proxectada co No-Do 649-A o 18/12/1955
  • 25/12/1955, Mister Dening Asesino, 10:00, Nodo 650-A
  • 01/01/1956, Reclutas, 7:00, Nodo 651-A
  • 06/01/1956, Vuelven de la guerra, 7:00, Nodo 652-A
  • 08/01/1956, Garú – Garú, 10:00, Nodo 652-A
  • 15/01/1956, Carrusel napolitano, 7:00, Nodo 653-A
  • 22/01/1956, Aeropuerto, 10:00, Nodo 654-A
  • 29/01/1956, La pareja invisible, 10:00, Nodo 655-A
  • 02/02/1956, El diamante del Maharaja, 10:00 Candeas
  • 05/02/1956, Aventuras del Barbero de Sevilla, 10:00, Nodo 656-A
  • 08/02/1956, Una noche en el tabarín, 10:00
  • 12/02/1956, Los últimos días de Pompeya, 7:00, Antroido Nodo 657 -A
  • 14/02/1956, Especialista en señoras, 10:00, Nodo 657-A
  • 19/02/1956, Gitana tenias que ser, 7:00, Nodo 658-A
  • 22/02/1956, La estocada de Lagardere, 10:00, Modo 658-A
  • 26/02/1956, Reportaje, 10:15, Nodo 659
  • 01/03/1956, Ua mujer sin cabeza, 10:00
  • 04/03/1956, Un día perdido, 8:00
  • 08/03/1956, Ana, 10:00, Nodo 661-A
  • 11/03/1956, La carabela de la ilusión, 10:30
  • 18/03/1956, La señora de Fátima, 8:00
  • 22/03/1956, Gran hotel (Cantinflas), 4:00
  • 29/05/1960, La ronda del diamante, 11:00, Nodo 881-B
  • 19/05/1960, Más allá del sacrificio, 11:00

Os primeiros 10 carteis da Festa do Queixo

Xuntamos aquí os carteis anunciadores da Festa do Queixo, nas suas primeiras 10 edicións (dende 1976 a 1985).

I Festa do Queixo, 1976
I Festa do Queixo, 1976

O cartel da primeira festa foi obra de Sagrario Bendaña e estivo inspirado nun cadro que estaba exposto no antigo café da Castro (Rua Ramón Franco 6)

II Festa do Queixo, 1977
II Festa do Queixo, 1977

Deseñado por Jose M. Lopez Vázquez.

III Festa do Queixo, 1978
III Festa do Queixo, 1978

Pola páxina 31 do xornal La Voz de Galicia do 28 de decembro de 1977, sabemos que este cartel de 1978 foi elexido por votación popular o 6 de xaneiro de 1978 e que o premio consistiu en 5.000 pesetas.

IV Festa do Queixo, 1979
IV Festa do Queixo, 1979

Elexido por votación popular o día 6 de xaneiro de 1979 e premiado con 5.000 pesetas (La Voz de Galicia, 12 de novembro de 1978, páxina 41)

V Festa do Queixo, 1980
V Festa do Queixo, 1980

O premio era esta vez de 15.000 pesetas para o primeiro clasificado da votación popular do día de reises, e houbo outros para todos os participantes. Ademáis fíxose un concurso para nenos e nenas, con un primeiro premio de 3.000 pesetas e lotes de libros e suscripcións a revista Vagalume para os tres primeiros clasificados. Tamén se fixo un concurso de fotografía baixo o lema “Escenas da V Festa do Queixo”, tal e como recolle a páxina 29 do xornal La Voz de Galicia do 18 de novembro de 1979.

Según escribiu Luis Peteiro na páxina 41 de La Voz de Galicia do 19 de febreiro de 1980, na “Mostra do cartel” presentaronse 30 obras de adultos e 35 de nenos, resultando gañador por votación popular David Ouso de Lugo na categoría de adultos e Carlos Mariño na categoría de nenos.

VI Festa do Queixo, 1981
VI Festa do Queixo, 1981

Premio de 15.000 pesetas e elección por votación popular o día de reises (La Voz de Galicia, páxina 45 do 22 de novembro de 1980)

VII Festa do Queixo, 1982
VII Festa do Queixo, 1982

Votouse na praza da vila o mellor cartel o día 6 de xaneiro pola mañán, cun premio de 15.000 pesetas para o primeiro, e outro de 10.000 para o segundo (La Voz de Galicia, páxina 40, 2 de decembro de 1981)

VIII Festa do Queixo, 1983
VIII Festa do Queixo, 1983

Os carteis expuxeronse na praza da vila o día 6 de xaneiro, e por votación popular deuse un primeiro premio de 10.000 pesetas. Un xurado outorgou o segundo premio tamén de 10.000 pesetas (La Voz de Galicia, 24 de decembro de 1982, páxina 57).

O gañador do primeiro premio foi Anxo Iglesias Gómez (Xelo) e do segundo Xosé Camoxo Rodríguez, de Santiago (La Voz de Galicia, 14 de xaneiro de 1983, páxina 36).

IX Festa do Queixo, 1984
IX Festa do Queixo, 1984

Un xurado presidido polo alcalde don Jesús García Vázquez, o director do instituto de BUP (Uxío Barreiro Pérez), un estudante (Xan Carlos Tato Agra), o artista Gonzalo Velasco Vieiro, o cofundador da festa Miguel Castro Agra, o secretario do Concello Xan Colmenares López-Soldado e Pilar García Montero da Comisión de Festas decidiu os gañadores dese ano: Angel García Fernández, de O Grove primeiro premio, Xurxo Alonso García de Vilagarcía de Arousa segundo premio e Francisco Longueira Fernández de Carballo terceiro premio . Os carteis presentados a concurso foron expostos o día de Reices na praza para elexir o cartel máis popular. (La Voz de Galicia, 22 de decembro de 1983, páxina 41 e 7 de xaneiro de 1984 páxina 24)

X Festa do Queixo, 1985
X Festa do Queixo, 1985

Os premios deste ano foron de trinta, vinte e dez mil pesetas e fíxose a selección por votación popular o día 6 de xaneiro. (La Voz de Galicia, 7 de decembro de 1984, páxina 14). Foron os gañadores Xurxo Alonso, de Vilagarcía (premio de 30.000 pesetas), Alberto García Pintos de Santiago (20.000 pesetas) e Santiago Rivas Fraga de Santiago (tamén 20.000 pesetas) contou La Voz de Galicia o 9 de xaneiro do 1985 na páxina 19.

Calvos de Sobrecamiño, San Martiño na guía de Everest

A guía que publicou Everest no ano 1987 “Arzúa no camiño de Santiago”, adica un breve comentario a cada unha das parroquias do concello. Hoxe reproducimos o que dí sobre Calvos de Sobrecamiño (páxina 88):

O seu nome de “Sobrecamiño” é unha clara alusión ó Camiño de Santiago, na beira do cal está situada esta parroquia, a poucos quilometros de Arzúa. Os seus lugares máis importantes son os de Calvos, Codeseira, Fontesagrada, Igrexa, Mañas, Muiños, Orxal, Pena, Sebio, Sesar, Soutullo, Torre, Tras do Río e Xibeirós.

A igrexa parroquial, do século XVIII representa unha interesante arquitectura, na que se combinan elementos de cantería de granito e cachotería de pedra pizarrosa, habilmente moldurada. Na fachada principal unha porta con orellas, fornelo con vieira e remate da espadana de granito con pináculos.

Do seu retablo maior queda a imaxe da Asunción, de grande interese. Nas capelas laterais hai dous importantes e fermosos retablos, de estilo rococó, con moitos elementos do barroco de placas; decoración moi abundante nos seus entaboamentos e estípites. Destaca a harmoniosa arquitectura que se logrou no conxunto do sagrario co expositor. Son do século XVIII e dunha calidade moi superior ó común nas igrexas rurais.

No lugar do Orxal hai unha casa señorial do século XVII, da que se conserva a capela, rodeada dunha extensa finca agrícola. Este pazo pertenceu á familia Llamas, da que ainda existe o escudo entre os restos do pazo.

Frente á capela do pazo hai un cruceiro de pedra granito asentado sobre unha base de tres chanzos, con pé piramidal, vara de 2,20 m de altura, que é de sección cadrada con arestas matadas. O capital é de cesta con querubíns en cada unha das súas caras. A cruz florenzada posúe as imaxes do crucificado e da Virxe Dolorosa.

Calvos: Igrexa parroquial