Compartimos hoxe dous adhesivos que, encargados por dous rapaces de Arzúa, en 1972, (Jesús Bendaña e Chicho Vidal) produciu a empresa Serigrafia Gallega (Álvaro Álvarez Blázquez) de Vigo. Unha delas co lema “Arzúa Terra do Queixo” e outra co de “Arzúa Centro da Galiza”. As dúas levaban a lenda “Feiras días 8 e 22”.
Consérvase a carta co presuposto para 500, 1.000 e 2.000 exemplares. A xulgar polas duas letras de cambio que tamén se conservan e que fan un total de 7.584 pesetas, parece que a tirada foi dunhas 500 unidades.
Cómo pasa o tempo. Non había coche que non levara esa pegata do 1972… por certo, uns aniños antes da primeira Festa do Queixo.