Semblanza do ventrílocuo arzúan Pepe dos Contos

Recollemos a continuación á información que deixou na nosa páxina de facebook María Jesús Vázquez López, filla de Luis Vázquez Castro, máis coñecido como Pepe dos Contos ou o Profesor Castro de Arzúa, quen tamén nos proporcionou a foto que acompaña esta publicación.

Traballou como xastre en Arzúa (primeiro como aprendiz, logo como axudante) e despois foi a África como lexionario, onde probablemente descubreu a súa vena artística e o seu don de ventrilocuo. Tras os seu regreso a península fixo os seus primeiros traballos como artista, e ao ver o exito que tiña, decideu adicarse profesionlamente.

Un dos números que facía era o de “Muñecos vivientes”, collía a dous voluntarios do público, a un vestiao de muller e a outro de home oriental a maquillabaos sobre o escentario. Sempre empezaba por maquillar ao que ia facer de muller, pintaballe os ollos, a cara e os beizos, e decialle que os frotase como o facian as mulleres, o que facía rir ao seu público. Na cabeza poñíalle un pano. Despois vestía ao outro voluntario de orienta do século XVI, maquillaballe a cara e con un tapón de corcho queimado pintáballe as cellas, o bigote e facialle os ollos rasgados como os orientais. Os voluntarios miránbase un ao outro e escachaban coa risa ata que o profesor castro dicía “empiza la actuación”. Aproximadamente no ano 1975 deixou este número e sustituiu aos “muñecos vivientes” por un muñeco de ventrilocuo.

Desde que empezou nos anos 40 do século XX, o teléfono estivo presente en todas as súas actuacións (foi pioneiro nisto), e ao falaren por él oíanse as voces dos interlocutores que Pepe facía grazas a súa habilidade como ventrílocuo. Podía facer varias voces, tanto de home como de muller.

Tamén facía de mago, e un dos seus trucos máis lembrados era un no que, partindo de serraduras enchía unha xerra de cervexa maxicamente.

O seu espectáculo duraba duas horas e media, nas que él so entretiña e facía rir ao público con xogos de maxia, chistes e os seus bonecos vivintes. Con él recorreu case toda España.

Deixar unha resposta