Por orde ministerial promulgada en Barcelona o 24 de febreiro de 1938 a segunda república, en plena guerra civil emiteu o que se chama unha “moeda de necesidade” ou “moeda de emerxencia”: o cartón moeda de uso provisional. O seu valor facial estaba entre 1 céntimo e 1,5 pesetas.
Hoxe compartimos un destes cartóns moeda, que leva o nome de Arzúa cun valor facial dun céntimo.
Cumpre advertir que moitos dos exemplares de este cartón moeda de uso provisional que se conservan son falsificacións e que este que hoxe compartimos (datado en 1937, un ano antes da promulgación da orde ministerial) probablemente tamén o sexa.