O concello de Arzúa doa 10.000 reais a Carlos IV para intentar frear a revolución Francesa

Na páxina 493 do “Mercurio de España”, datado en Madrid en Abril de 1794, podemos ler unha longa relación de “Ofertas hechas a S.M.”, entre as que figura unha doazón de 10.000 reais do Concello de Arzúa.

Pola data de publicación, sabemos que o monarca daquel tempo era Carlos IV, e que a guerra para a que se fixeron as doazóns recollidas é a chamada Guerra do Rosellón ou Guerra da Convención, que enfrontou á I República Francesa coas monarquías europeas que trataban de conter a Revolución Francesa.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará