A segunda guerra carlista en Arzúa

Os historiadores do carlismo acostuman a silenciar o papel de Galiza na segunda guerra carlista (1847), pero o certo é que se fixo notar no país, e tamén en Arzúa. A continuación transcribimos o parágrafo que J.R. Barreiro Fernández adica a zona de Arzúa na II Guerra Carlista no seu libro de 1976 “El carlismo gallego”, de Editorial Pico Sacro (ISBN 8485170105):

Zona de Arzúa

También esta zona había demostrado su fidelidad a la causa carlista. Durante la primera guerra había mantenido ininterrumpidamente una o dos facciones: la de López* y Ramos. En el mes de agosto de 1847 hay noticias de la aparición de una pequeña facción al mando del Bachiller de Rodieiro y de un tal Marelas, natural de Dormeá. Ambos habían igualmente pertenecido a la primera campaña y eran carlistas indultados. Parece ser que esta facción tampoco tuvo éxito alguno y posiblemente se deshizo al enterarse de la desaparición de la partida del Ebanista en la que todos los carlistas gallegos tenían puestas sus ilusiones.

* No texto do libro mencionase á Gómez pero parece ser unha errata, a partida máis famosa da I Guerra Carlista foi a de don Antonio López, natural de San Estevo do Campo.

Este libro contén numerosas referencias a Arzúa ao longo de toda a historia do carlismo.

O derrubamento da torre da igrexa por soldados constitucionais

Un fato de soldados constitucionais derrubou a torre vella da igrexa de Arzúa no contexto da restauración do absolutismo por Fernando VII despois do trienio liberal. Daquela había dúas torres, a actual (iniciada en 1820 e rematada en 1829) e a antiga que estaba do lado do sacristía, na Rúa das Dores. Este feito atopámolo recollido en tres sitios distintos, sen coincidencia na data. A fonte máis antiga é o sermón que o 30 de maio de 1831 pronunciou en Arzúa na bendición da bandeira do batallón de voluntarios realistas de Arzúa don Santiago Pastoriza , Taboada y Martínez.

Y ¿que diré tambien de lo ocurrido aqui mismo y en estas mismas calles la noche del 19 al 20 de Marzo del mismo año (1823), donde 12 hombres con su Comandante (José Ramos) y un subalterno (Antonio García) de la intrepida partida de la Mota hicieron rendir las armas á discrección á veinte y tantos soldados constitucionales con su Oficial, persiguiendo y batiendo acto continuo con igual denuedo y bizarría en las alturas de la Castañeda y puente Rivadiso las tropas revolucionarias que de Mellid venian en su ayuda y socorro, y que despues en gran numero volvieron de noche solo á vengarse de las campanas que hicieron pedazos?

No artigo de Aureliano Pardo Villar, publicado no número 133 da revista “Nos: boletín mensual da cultura galega”, o 15 de xaneiro de 1931, nárrase así o mesmo feito:

Arredor do ano 1824 os condenados dos Constitucionaes, destruiron a torre antiga, sita no muro da cabeceria da sancristía, estragando tamén as campás; i-entón houbo d’erguer a nova torre na fronte do edifizo (…)

Na guía elaborada por Eduardo Aurelio Cacheda Vigide, que publicou editorial Everest no ano 1987 (edición en galego de 1988) co título “Arzúa no Camiño de Santiago” (ISBN 8424199219) dise na páxina 19:

(…) o día 30 de maio do 1831, os constitucionais derrubaron a antiga torre da igrexa, que estaba na parte de atrás da mesma, onde hoxe está a sacristía.

Cremos que Cacheda erra na data: o 30 de maio de 1831 foi cando se dou en Arzúa o xa mentado sermón de Santiago Pastoriza, Taboada y Martínez, pero a torre debeu ser derrubada na noite do 19 ao 20 de marzo de 1823.

O comandante carlista do cantón de Arzúa reclamado por roubo

Na páxina 54 da “Gaceta de Madrid” do 6 de xullo do ano 1875, durante a chamada Segunda Guerra Civil na época, e Terceira Guerra Carlista na actualidade, publicouse unha requisitoria pola que o xuíz de Arzúa manda deter a sete individuos acusados de roubo, un dos cales se fai chamar a si mesmo “Comandante carlista interino do cantón de Arzúa”. Este é o texto que nos indica que a Terceira Guerra Carlista, como a primeira, fíxose notar na zona de Arzúa:

D. Eugenio Salgado, Juez del partido de Arzúa.

A los Sres. Jueces de partido y más Autoridades civiles, militares é individuos de la policía judicial de la Nación sírvanse saber que en la sumaria que me hallo instruyendo sobre robo de unos 1.000 rs., un reloj de bolsillo, dos pistolas de firme, media libra de pólvora en un paquete, una poca munición, una caja de pistones, un espejo, un peine y un sombrero de niño, la noche del 18 de Abril último en casa de D. Manuel Vilas Mato, de Santiago de Prevediños, he acordado y expido el presente, por el cual, en nombre de S. M. el Rey (Q. D. G.), exhorto á dichas Autoridades e individuos de la policía judicial á fin de que sé sirvan disponer se averigüe el paradero de los sujetos que á continuación se expresan, y siendo habidos, emitirlos a este Juzgado en clase de detenidos, con el dinero y prendas robadas; pues al tanto me ofrezco en casos iguales.

Dado en la villa de Arzúa á 25 de junio de 1875.=Eugenio Salgado.=Por mandado de S. S., Domingo M. Lado.

Señas.

José María Andrade, que se titula Comandante carlista interino del canton de Arzúa, de 20 á 22 años de edad, estatura regular, pelo y ojos negros, nariz y boca regulares, barba poca y sin afeitar, bigote pequeño.

Otro hombre que llaman Artillero, como de 22 á 23 años de edad, estatura alta, pelo negro, barba poca.

Otro que representaba la edad de 40 á 45 años, de pequeña estatura, barba, entrecana, pelo, y ojos negros.

Otro que se apellida Ramos, de 25 á 26 años de edad, estatura regular, barba poca, nariz pequeña, boca regular.

Otro como de 26 á 27 años de edad de estatura regular, ojos ablancazados, barba poblada y corta, nariz larga y boca
larga.

Y otros dos hombres más, desconocidos.