A xente e a vila de Arzúa según Aureliano Pardo no 1935

O número 133 da revista Nos (Boletín mensual da cultura galega), publicado o 15 de xaneiro do 1935 contiña un artigo que leva por título “Notas en col da vila de Arzúa” escrito por Frei Aureliano Pardo Villar. O artigo a dúas columnas ocupa oito páxinas (da 2 á 9) e está dividido en sete partes:

  • Xeito do pobo e da xente
  • Cultura. Traballo. Política. Cidadanía
  • Artistas de sona
  • A capela do Carme
  • Irmandades doutrora
  • Moimentos: mosteiro e capela da Madalena
  • Sartegos e pias. Fundacións da capela

A continuación reproducimos a primeira delas: “Xeito do pobo e da xente”, na que se describe a vila e aos home e mulleres que a habitan.

A vila de Arzúa asentada nunha outra planicie, de ar purísimo e lonxanos hourizontes, cal raiña dunha bisbarra feiticeira, toda inzada de carballeiras, piñeirales, soutos de castiñeiros, e outras crases de arboredo, que abeiran os farturentos labramios e as pradeiras vizosas e avantan pol-as lombas montesías, é un pobo de xeito humildoso, coas suas casiñsa brancas espalladas comoa un bando de pombas arredor as estradas que baixan dende Lugo a Compostela e de Boimorto a Brandeso, cruzando o seu chao de Leste a Oeste e do Norte ao Sur; un pobo que sen decatárese é rexamente democrático; un pobo, en derradeira, tal como compre ás ideias e anceios de igualdade que arastora latexan por todol-os recantos.

Non se atopan nesta vila castelos, nin pazos, nin casas brasonadas con escudos da nobreza, inda que abondan na bisbarra duas légoas á redonda; nin percorren as suas ruas señores e señoras de aboenza, como non veñan de fora. A xente que decote buliga por prazas e ruas, son artesáns de todol os oficios, tendeiros de máis ou menos categoría ou comerciantes si se quer, labregos e gandeiros, agás dos empregados da curia e do concello ou do goberno, e pouco máis de medi adúcea de homes de carreira, que abranxerons un tíduo na Universidade ou noutra escola, pra ganaren a vida dun xeito que coidan señorial.

Nin abondan entre os arzuanos os homes abastados que contan os pesos por millieros no seu bulso. Os mais deles teñen de traballar a cotío nas suas angueiras, pra comeren o pan con honradez. Porén, se non alcontra na vila moita xente ricás, tampouco se ven pol-a contra homes e mulleres esfameados arrastrando os osos nús coma esqueletes pol-os currunchos do pobo; pois se hai probeza nalgús lares, non ten asento neles a miseria que fai decote seu mouro niño noutras vilas da terra de baixo e nos pobos costeiros.

Endebén, se a xente de Arzúa non ten moito aquel de señorío, conserva en troques unha tradizón relixiosa ben fonda, tal que se non atopa outra en ningures. Sin votar moito por ela pódese decir i-el é ben certo, que dos homes nados na vila non haberá quizáis un soio que arrenegue da Eirexa, nen fuxa da misa domingueira, nin se avergonce de ire cortexando aos Santos nas procisiós da festas do pobo, nen somelle de se axionllare cunha perna sola pra adourar ao Noso Señor somentes no intre da consagrazón da misa, según adoitan de o facere os doutras vilas qu’eu ben sei, senon que saben cuase todos eles pórse en xionllos coma Deus manda, o máis do tempo que perdura o santo sacreficio, por mor d eouvilo con devozón e reverencia. E se isto fan os homes, non hai pra que decire ren do devoto femenino seiso. Mais… se non pode mesmamente negare que ruan pol o pobo catro desleigados que non fan conta das crenzas relixiosas que mamaron co leite no berce; pero son xente de achego, coitadiños que viñeron de fora pra viviren dun soldos nos empregos do concello ou do goberno; e como din alí, unha mosca non fai vrao.

Gárdase tamén na vila de Arzúa, máis nida que noutros pobos galegos do mesmo ser, a tradizón dos costumes, das cántigas, e dos bailes da nosa terra. Soan avau pol-os ars do pobo e da campía os alalás e as tonadas enxebremente galegas; e se non albisca nel o feito noxento de se agarrar as parellas pra beilaren a muiñeira, facendo ridículos además, como diría o noso poeta Labarta. Mesmo me dan vascas de noxo cando vexo ás mozas e mozos da miña vila de Moranza beilar e aldraxar deste xeito o noso baile crásico. ¡Desleigados!…

O derrubamento da torre da igrexa por soldados constitucionais

Un fato de soldados constitucionais derrubou a torre vella da igrexa de Arzúa no contexto da restauración do absolutismo por Fernando VII despois do trienio liberal. Daquela había dúas torres, a actual (iniciada en 1820 e rematada en 1829) e a antiga que estaba do lado do sacristía, na Rúa das Dores. Este feito atopámolo recollido en tres sitios distintos, sen coincidencia na data. A fonte máis antiga é o sermón que o 30 de maio de 1831 pronunciou en Arzúa na bendición da bandeira do batallón de voluntarios realistas de Arzúa don Santiago Pastoriza , Taboada y Martínez.

Y ¿que diré tambien de lo ocurrido aqui mismo y en estas mismas calles la noche del 19 al 20 de Marzo del mismo año (1823), donde 12 hombres con su Comandante (José Ramos) y un subalterno (Antonio García) de la intrepida partida de la Mota hicieron rendir las armas á discrección á veinte y tantos soldados constitucionales con su Oficial, persiguiendo y batiendo acto continuo con igual denuedo y bizarría en las alturas de la Castañeda y puente Rivadiso las tropas revolucionarias que de Mellid venian en su ayuda y socorro, y que despues en gran numero volvieron de noche solo á vengarse de las campanas que hicieron pedazos?

No artigo de Aureliano Pardo Villar, publicado no número 133 da revista “Nos: boletín mensual da cultura galega”, o 15 de xaneiro de 1931, nárrase así o mesmo feito:

Arredor do ano 1824 os condenados dos Constitucionaes, destruiron a torre antiga, sita no muro da cabeceria da sancristía, estragando tamén as campás; i-entón houbo d’erguer a nova torre na fronte do edifizo (…)

Na guía elaborada por Eduardo Aurelio Cacheda Vigide, que publicou editorial Everest no ano 1987 (edición en galego de 1988) co título “Arzúa no Camiño de Santiago” (ISBN 8424199219) dise na páxina 19:

(…) o día 30 de maio do 1831, os constitucionais derrubaron a antiga torre da igrexa, que estaba na parte de atrás da mesma, onde hoxe está a sacristía.

Cremos que Cacheda erra na data: o 30 de maio de 1831 foi cando se dou en Arzúa o xa mentado sermón de Santiago Pastoriza, Taboada y Martínez, pero a torre debeu ser derrubada na noite do 19 ao 20 de marzo de 1823.