Os ríos da comarca de Arzúa na guía de A Nosa Terra

Na colección “As comarcas de Galiza, patrimonio natural” a editorial A Nosa Terra publicou en 2009 un volume adicado a Arzúa e firmado polo “Equipo Xea”. Recollemos aquí o que dí ese libro con ISBN 9788483414002 no apartado “Os Ríos”.

A comarca está repartida nas concas fluviais do Tambre, ao norte, e do Ulla, ao sur.

O Ulla é o río con máis percorrido e coa conca máis grande. Fai de linde polo sur coa provincia de Pontevedra cun trazado E-O e recibe numerosos afluentes que discorren de norte a sur.

O Tambre en Boimorto

O Tambre fai de linde polo norte, cun trazado NE-SO e recibe varios afluentes de curto percorrido que circulan de leste a oeste.

Ponte Medieval sobre o Iso en Ribadiso (Arzúa), no Camiño de Santiago

En xeral os vales dos ríos son abertos e de perfís suaves agás o último tramo do Tambre que se encaixa despois do encoro de Portodemouros e recibe varios afluentes con fortes desniveis onde abondan os rápidos, as pozas e as fervenzas.

Cáncaro (Primula Vulgaris) unha planta común nos lugares sombrizos beira dos ríos

No contorno dos ríos consérvanse excelentes bosques de ribeira cunha gran biodiversidade e espazos acondicionados como áreas recreativas ou para facer rutas de sendeirismo. Tamén hai varios coutos de pesca e numerosos muiños.

Fervenza Salto das Pombas no río Lañas, afluente do Ulla. Por todo o val do Ulla na comarca abundan os saltos, rápidos e fervenzas que se forman nos afluentes que caen polas abas de gran desnivel

Os ríos Tambre e Ulla e varios dos seus afluentes están protexidos nos LICs “Río Tambre” e “Sistema fluvial Ulla-Deza”.

Río Tambre
Despois de nacer na Serra do Bocelo o Tambre discorre lentamente no seu curso alto para encaixarse literalmente no seu curso medio e ir fondamente encaixado no tramo final do seu percorrido. Desemboca en Ponte Nafonso, na Ría de Noia, despois de 124,5 km.

Presenta augas altas de decembro a marzo e estiaxe en agosto.

Nesta comarca recolle augas dos concellos de Boimorto, Arzúa e O Pino.

Recibe pola esquerda o Pequeno, Noa e Mera.

O Tambre entre Boimorto e Mesía, no couto de pesca de Ponte Castro, onde se atopa unha área recreativa

O Tambre é un dos poucos ríos galegos onde se atopa a Macromia Splendens, un cabalo do demo en perigo de extinción en toda Europa.

Está protexido no LIC “Río Tambre”.

Estripo en flor na ribeira do Tambre
O Tambre entre Brates (Boimorto) e Añás (Frades)
O Tambre entre Pastor (O Pino) e Ponte Carreira (Frades)
A ouca ou herba da prata (Ranunculus peltatus) é unha planta que vive mergullada e enche de cor branca a superficie do río cando florece.
Área recreativa de Aiazo, entre O Pino e Frades

Río Mera
Nace nos lindes entre Boimorto e Arzúa, percorre terreos de Arzúa, e O Pino e xúntase ao Tambre na parroquia do Pino. Parte do su curso está protexido no LIC Río Tambre.

Río Mera no Pino
Ponte Penide, unha obra de orixe romana sobre o río Mera

Río Ulla
Nace no monte Picouzo, entre as parroquias de Ansar (Taboada) Viloide e Os Ferreiros (Monterroso) e Olveda (Antas de Ulla) e forman as súas cabeceiras o Sucastro, Ribeira e Ermida.

Encoro de Portodemouros en Arzúa
Probas de piragüismo no encoro de Portodemouros

Percorre varias comarcas, ás que lle dá nome; a Ulloa, a Ulla e o Ullán e desemboca na ría de Arousa, entre Padrón e Pontecesures, despois de 132 k de percorrido. Recibe pola dereita o Boente, Iso (co Brandeso), Lañas e Brandelos.

Restos dunha antiga central eléctrica en Ponte San Xusto (Touro). Nas proximidades pódese facer unha ruta de sendeirismo que discorre pola parroquia de Calvos e que pasa pola ferveza de Rosende e percorre parte do canón do Ulla.

Na comarca drena, cunto cos seus afluentes, os concellos de Arzúa, O Pino e Touro.

Está encorado en Portodemouros e unha pequena parte forma parte do LIC “Sistema Fluvial Ulla-Deza”.

O Ulla en Ponte Basebe (Novefontes) entre Touro e Vila de Cruces
Pozo do Pego en San Pedro da Ribeira (Touro),
Desde San Pedro da Ribeira pódese percorrer a beira do Ulla pola “Ruta do Ulla”, ate Ponte Basebe pasando por fermosos recunchos do río, amplas áreas de bosque, dúas fervenzas e varios muiños.
Avelairas no bosque do Pego, no val de Ulla
Bosque do Pego. Ocupa unha ampla extensión na beira do Ulla nas parroquias de Ribeira e Fao, do concello de Touro. No seu interior atopanse antigas ouriceiras, testemuñas de épocas nas que se cultivaban castiñeiros.
Libeliñas ou gaiteiros. Macho (azul) e femia (verde) de Calopteryx Splendes. Viven en zonas asolladas e con vexetación na beira dos ríos. O desenvolvemento das larvas dentro das augas dua dous anos.
O Ulla en Remesquide
O río Boente entre Arzúa e Santiso. O río Boente nace no Couto do Vieiro, en Melide e circula en dirección norte-sur facendo en parte de linde entre os concellos de Arzúa e Santiso. Xúntase ao Ulla no encoro de Portodemouros.

Río Iso
Nace na aba oeste dos montes do Bocelo e Boimorto, percorre o concello de Arzúa de norte a sur e xúntase ao Ulla no encoro de Portodemouros. Os principais afluentes son o Rigueiro, Rendal, Ribeiral e Boente, pola dereita, e Fondo e Brandeso pola esquerda.

Muiño á beira do Boente, en Arzúa
O río Iso en Boimorto
O río Iso na área recreativa de Ribadiso (Arzúa)
O río Brandeso, chamado Pandelos no curso alto, é o principal afluente do Iso pola esquerda. Ten todo o seu percorrido polos terreos de Arzúa e xúntase ao Isos nas proximidades do encoro de Portodemouros.
Ermida da Fontesanta, a carón do Río Brandeso.

Na chegada a Arzúa do primeiro automóbil

O 6 de xullo de 1900 o xornal “La Voz de Galicia” publicou unha nota, firmada por Taboada, que daba conta da chegada por tren a Curtis de dous omnibús de vapor, que, pasando por Arzúa, deberian chegar a Santiago de Compostela.

Según conta Xosé Alfeirán no mesmo xornal en abril de 2017, nese último ano do século XIX había unha liña regular A Coruña – Santiago da compañía “Automóviles Gallegos” e os que pasaron por Arzúa ian destinados á competencia: “Automóviles Compostelanos”. O tempo que tardaban en cubrir o traxecto de Santiago á Coruña era de pouco maís de cinco horas.

Pero o que nos interesa é como eses novos vehículos pasaron por Arzúa en 1900 e a fonda impresión que causaron nos nosos antergos. Reproducimos a continuación duas novas, publicadas en días sucesivos na Voz de Galicia, a primeira, do 6 de xullo dí:

A la hora en que telegrafío terminó la difícil y delicadísima operación de descargar los automóviles desde la plataforma del ferrocarril.

Fué hecha habilmente y dirigida por el competentísimo gerente don Juan García.

Todos los operarios trabajaron con gran entusiasmo. Ayudaron al jefe de la estación y el personal del ferrocarril del Norte. El primero con la galantería que siempre habrá que agradecerle dió todo género de facilitades.

La impresión que producen los omnibus es admirable.

Con toda seguridad han de llamar la atención de esa ciudad.

Son cómodos y elegantes.

Ahora prepárense a salir.

El banquete que habrá en Arzúa impide fijar la hora de llegada pero creo que dada la pericia del personal y la bondad de las máquinas llegarán á las siete de la tarde.

Desde Arzúa telegrafiaré.

Taboada.

O día seguinte, xa en Arzúa, envíase esta outra nota:

Estamos aquí sin novedad desde ayer tarde. Los maquinistas salvaron las dificultades que ofrece el camino. En Arzúa se nos dispensó cariñoso recibimiento. Diéronnos banquete en el Casino con asistencia de lo más distinguido de Arzúa.

Los campesinos al ver los automóviles muéstranse asombrados. Algunos se santiguan y otros se arrodillan. El jefe del personal señor Díaz fué objeto de aplausos por sus acertadas órdenes. Debido al carbón que esperamos llegue hoy pues se pidió á Santiago, no pudimos salir esta mañana.

No puedo precisar la hora de llegada hasta que recibamos el combustible. Sin embargo creo que estaremos en Santiago á las ocho o nueve.

Reina entusiasmo entre los excursionistas. Taboada.

O día 9 o mesmo Taboada escribe no mesmo xornal que na vila de Arzúa foron “moi obsequiados” todos os expedicionarios, pero reproducimos a nova publicada o día 10 de xullo no número 978 do xornal “El Áncora: diario católico de Pontevedra” que ven a ser un extracto da mencionada do día 9 na Voz:

A Santiago llegaron los automóviles, y permanecieron en Mámoa hasta las nueve de la mañana en donde fueron admirados por muchísima gente hasta que se condujeron á la cochera.

Los carruajes son muy cómodos, y están dotados del confort y lujo apetecidos, tienen una gran plataforma detrás.

La falta de combustible y las detenciones en Arzúa y Arca fueron la causa de que el público impaciente en ambos días, no haya podido apreciar más pronto la esbeltez y excelentes condiciones de los mismos.

El público que los vió, hizo grandes alabanzas del lujo y belleza desplegados en su construcción.

Uno de estos días se verificarán las pruebas oficiales y luego correrán á la Coruña

| Los primeros omnibus a vapor, por Xosé Alfeirán, en La Voz de Galicia, 10 de abril de 2017
| De Coruña a Santiago en omnibus a vapor, por Xosé Alfeirán, en La Voz de Galicia, 24 de abril de 2017