As parroquias de Arzúa no antigo réxime

Ata 1833 o Reino de Galicia estivo dividido en sete provincias, unha delas era Santiago e a esa provincia pertencía o actual Concello de Arzúa. Jesús Barral-Guerín y Rouco, no número 279 da revista “Hidalguía: la revista de genealogía, nobleza y armas” (ano 2000), publicou un traballo titulado “Hidalgos avecindados y forasteros empadronados en las parroquias de la Villa de Arzúa en los libros del Catastro del Marqués de la Ensenada y algunas notas histórias y geográficas referentes a dicha villa”. O seguinte parágrafo está tirado literalmente dese traballo:

Las ventidós parroquias que constituyen hoy en día el Concejo de Arzúa, se encontraban encuadradas, bajo el Antiguo Régimen, en la antigua Provincia de Santiago (una de las siete que formaban el antiguo Reino de Galicia), y sometidos a los siguientes señoríos jurisdiccionales:
– Abeancos (parroquias de Brandeso y Tronceda), del Conde de Monterrey;
– Arzúa (parroquias de Vila de Arzúa, Santa María de Arzúa, Burres, Calvos de Sobrecamiño, A Mella y Villadavil); Bendaña (parroquias de Lema, Pantiñobre y Viñós); Melide (parroquias de Castañeda, Rendal y Villantime); Mesía (parroquia de Campo) y Xiro da Rocha (parroquia de Branzá), del Arzobispo de Santiago;
– Boente (parroquias de Boente, Figueroa y Maroxo), del Conde de Altamira
-Oíns (parroquias de Dodro y Oínes), de la familia Guiráldez;
– San Justo de Dombodán (parroquia de Dombodán), del Monasterio de San Martín de la ciudad de Santiago.

Para unha mellor comprensión, elaboramos esta taboa:

Parroquia de ArzúaSeñorío xurisdiccional
A MellaArzúa, do Arzobispo de Santiago
Arzúa (Santa María)Arzúa, do Arzobispo de Santiago
Arzúa (Vila)Arzúa, do Arzobispo de Santiago
BoenteBoente, do conde de Altamira
BrandesoAbeancos, do Conde de Monterrey
BranzáXiro da Rocha, do Arzobispo de Santiago
BurresArzúa, do Arzobispo de Santiago
Calvos de SobrecamiñoArzúa, do Arzobispo de Santiago
CampoMesía, do Arzobispo de Santiago
CastañedaMelide, do Arzobispo de Santiago
DodroOíns, da familia Giráldez
DombodánSan Xusto de Dombodán, do Mosteiro de San Martín Pinario
FigueroaBoente, do conde de Altamira
LemaBendaña, do Arzobispo de Santiago
MaroxoBoente, do conde de Altamira
OínsOíns, da familia Giráldez
PantiñobreBendaña, do Arzobispo de Santiago
RendalMelide, do Arzobispo de Santiago
TroncedaAbeancos, do Conde de Monterrey
ViladavilArzúa, do Arzobispo de Santiago
VilantimeMelide, do Arzobispo de Santiago
ViñósBendaña, do Arzobispo de Santiago

A orixe do nome de Arzúa nunha publicación da Real Academia Galega

No libro titulado “Os nomes dos concellos da provincia da Coruña” con ISBN 9788417807092, publicado pola Real Academia Galega (Seminario de Onomástica) en 2021 co patrocinio da Deputación da Coruña, trátase do topónimo “Arzúa”. O redactor do libro é Gonzalo Navaza.

Reproducimos o que se di sobre o nome “Arzúa” na páxina 16..

O termo municipal, creado en 1836, reuniu parroquias que no Antigo Réxime pertenceran ás xurisdicións de Arzúa, Bendaña, Abeancos, Boente, Melide, Oíns, Dombodán, Mesía e O Xiro da Rocha, todas elas da provincia de Santiago. Recibiu o seu nome do de Arzúa, capital municipal e unha das dezasete vilas da antiga provincia de Santiago.

A vila de Arzúa é un dos núcleos urbanos desenvoltos a partir do século XI á beira do Camiño de Santiago. Nos rexistros máis antigos que se coñecen, do século XII, a poboación aparece denominada Vilanova (Villam novam), coma no Libro V (“Guía de Peregrinos”) do Códice Calixtino, onde é escenario dun milagre. Co nome actual só se documenta desde o século XIII: Aprilis Iohannis de Arzua, ano 1245; Petrus Didaci de Arçua, 1283…

Arzúa é un topónimo de orixe e significado descoñecidos. A maior parte dos autores que se ocuparon del suponlle orixe prerromana, o que significa que o lugar xa se chamaría así cando se instituíu o nome de Villam Novam que aparece nos primeiros rexistros medievais. Algúns explícano como hidrónimo emparentado co nome do río ourensán Arzoá, pero pola vila non pasa hoxe ningunha corrente fluvial significativa que puidese motivar o topónimo, aínda que un dos lugares da parroquia de Arzúa (Santiago) é O Río Vello.

Tamén se ten suxerido unha orixe igualmente prerromana pero de significado oronímico, relacionada co substantivo común artesa e o nome de Arteixo. Á hipótese que o relaciona co latín argia ‘mato’ e co substantivo común arxe (‘toxo miúdo’, ‘maleza que se queima’) a partir dun derivado diminutivo *argiŏla obxectáronselle dificultades fonéticas, pois o esperable nese caso sería Arxoa e non Arzúa.

| Enlace ao libro completo en formato dixital “Os nomes dos Concellos da provincia da Coruña