Na colección “As comarcas de Galiza, patrimonio natural” a editorial A Nosa Terra publicou en 2009 un volume adicado a Arzúa e firmado polo “Equipo Xea”. Recollemos aquí o que dí ese libro con ISBN 9788483414002 no apartado “Os Ríos”.
A comarca está repartida nas concas fluviais do Tambre, ao norte, e do Ulla, ao sur.
O Ulla é o río con máis percorrido e coa conca máis grande. Fai de linde polo sur coa provincia de Pontevedra cun trazado E-O e recibe numerosos afluentes que discorren de norte a sur.
O Tambre en Boimorto
O Tambre fai de linde polo norte, cun trazado NE-SO e recibe varios afluentes de curto percorrido que circulan de leste a oeste.
Ponte Medieval sobre o Iso en Ribadiso (Arzúa), no Camiño de Santiago
En xeral os vales dos ríos son abertos e de perfís suaves agás o último tramo do Tambre que se encaixa despois do encoro de Portodemouros e recibe varios afluentes con fortes desniveis onde abondan os rápidos, as pozas e as fervenzas.
Cáncaro (Primula Vulgaris) unha planta común nos lugares sombrizos beira dos ríos
No contorno dos ríos consérvanse excelentes bosques de ribeira cunha gran biodiversidade e espazos acondicionados como áreas recreativas ou para facer rutas de sendeirismo. Tamén hai varios coutos de pesca e numerosos muiños.
Fervenza Salto das Pombas no río Lañas, afluente do Ulla. Por todo o val do Ulla na comarca abundan os saltos, rápidos e fervenzas que se forman nos afluentes que caen polas abas de gran desnivel
Os ríos Tambre e Ulla e varios dos seus afluentes están protexidos nos LICs “Río Tambre” e “Sistema fluvial Ulla-Deza”.
Río Tambre Despois de nacer na Serra do Bocelo o Tambre discorre lentamente no seu curso alto para encaixarse literalmente no seu curso medio e ir fondamente encaixado no tramo final do seu percorrido. Desemboca en Ponte Nafonso, na Ría de Noia, despois de 124,5 km.
Presenta augas altas de decembro a marzo e estiaxe en agosto.
Nesta comarca recolle augas dos concellos de Boimorto, Arzúa e O Pino.
Recibe pola esquerda o Pequeno, Noa e Mera.
O Tambre entre Boimorto e Mesía, no couto de pesca de Ponte Castro, onde se atopa unha área recreativa
O Tambre é un dos poucos ríos galegos onde se atopa a Macromia Splendens, un cabalo do demo en perigo de extinción en toda Europa.
Está protexido no LIC “Río Tambre”.
Estripo en flor na ribeira do Tambre
O Tambre entre Brates (Boimorto) e Añás (Frades)
O Tambre entre Pastor (O Pino) e Ponte Carreira (Frades)
A ouca ou herba da prata (Ranunculus peltatus) é unha planta que vive mergullada e enche de cor branca a superficie do río cando florece.
Área recreativa de Aiazo, entre O Pino e Frades
Río Mera Nace nos lindes entre Boimorto e Arzúa, percorre terreos de Arzúa, e O Pino e xúntase ao Tambre na parroquia do Pino. Parte do su curso está protexido no LIC Río Tambre.
Río Mera no Pino
Ponte Penide, unha obra de orixe romana sobre o río Mera
Río Ulla Nace no monte Picouzo, entre as parroquias de Ansar (Taboada) Viloide e Os Ferreiros (Monterroso) e Olveda (Antas de Ulla) e forman as súas cabeceiras o Sucastro, Ribeira e Ermida.
Encoro de Portodemouros en Arzúa
Probas de piragüismo no encoro de Portodemouros
Percorre varias comarcas, ás que lle dá nome; a Ulloa, a Ulla e o Ullán e desemboca na ría de Arousa, entre Padrón e Pontecesures, despois de 132 k de percorrido. Recibe pola dereita o Boente, Iso (co Brandeso), Lañas e Brandelos.
Restos dunha antiga central eléctrica en Ponte San Xusto (Touro). Nas proximidades pódese facer unha ruta de sendeirismo que discorre pola parroquia de Calvos e que pasa pola ferveza de Rosende e percorre parte do canón do Ulla.
Na comarca drena, cunto cos seus afluentes, os concellos de Arzúa, O Pino e Touro.
Está encorado en Portodemouros e unha pequena parte forma parte do LIC “Sistema Fluvial Ulla-Deza”.
O Ulla en Ponte Basebe (Novefontes) entre Touro e Vila de Cruces
Pozo do Pego en San Pedro da Ribeira (Touro),
Desde San Pedro da Ribeira pódese percorrer a beira do Ulla pola “Ruta do Ulla”, ate Ponte Basebe pasando por fermosos recunchos do río, amplas áreas de bosque, dúas fervenzas e varios muiños.
Avelairas no bosque do Pego, no val de Ulla
Bosque do Pego. Ocupa unha ampla extensión na beira do Ulla nas parroquias de Ribeira e Fao, do concello de Touro. No seu interior atopanse antigas ouriceiras, testemuñas de épocas nas que se cultivaban castiñeiros.
Libeliñas ou gaiteiros. Macho (azul) e femia (verde) de Calopteryx Splendes. Viven en zonas asolladas e con vexetación na beira dos ríos. O desenvolvemento das larvas dentro das augas dua dous anos.
O Ulla en Remesquide
O río Boente entre Arzúa e Santiso. O río Boente nace no Couto do Vieiro, en Melide e circula en dirección norte-sur facendo en parte de linde entre os concellos de Arzúa e Santiso. Xúntase ao Ulla no encoro de Portodemouros.
Río Iso Nace na aba oeste dos montes do Bocelo e Boimorto, percorre o concello de Arzúa de norte a sur e xúntase ao Ulla no encoro de Portodemouros. Os principais afluentes son o Rigueiro, Rendal, Ribeiral e Boente, pola dereita, e Fondo e Brandeso pola esquerda.
Muiño á beira do Boente, en Arzúa
O río Iso en Boimorto
O río Iso na área recreativa de Ribadiso (Arzúa)
O río Brandeso, chamado Pandelos no curso alto, é o principal afluente do Iso pola esquerda. Ten todo o seu percorrido polos terreos de Arzúa e xúntase ao Isos nas proximidades do encoro de Portodemouros.
Grazas a base de datos “Nomes e Voces”, podemos coñecer os nomes das mulleres e homes vítimas da represión fascista que sigueu ao golpe de estado do 1936. Nesa base de datos figuran 38 persoas que naceron ou vivían en Arzúa cando foron represaliados. Velaquí os seus nomes e os datos que constan, por orden alfabético de apelidos
Modesto Abad Vázquez Labrego de 24 anos Natural e veciño de Arzúa Directivo do PSOE Foi detido e inculpado en Compostela en causa militar por rebelión. Ficha en nomes e voces 9512
Julio Acosta Pan 21 anos Natural de Arzúa Vítima da represión en León con resultado de morte (28 de xaneiro de 1938) Ficha en nomes e voces 21103
Isaac Álvarez Amor Mestre en Arzúa Sancionado con suspensión de emprego durante 6 meses Ficha en nomes e voces 12939
Cándido Andrade Vázquez Carpinteiro de 24 anos Natural de Arzúa e veciño da Estrada Xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión de 20 anos. Conmutación e liberdade condicional o 11 de agosto de 1940 Ficha en nomes e voces 713
José Corzo Conde Propietario de 51 anos Veciño de Arzúa Xulgado en Compostela co resultado de declaración en rebeldía Ficha en nomes e voces 9508
José Fidalgo Pérez 30 anos Natural de Arzúa Preso en Moosburg. Deportado a Mauthausen en agosto de 1940 e trasladado a Gusen en xaneiro de 1941, onde morre o 6 de abril Ficha en nomes e voces 5018
Ramón García Regueiro (Ramón de Sabino) Veciño de Arzúa De UGT, Presidente da Sociedade agraria socialista Agochado, fuxido e exilio a Bos Aires Ficha en nomes e voces 12948
Celsa Hermida Grandío Mestra de Viñós Natural de Guitiriz e veciña de Arzúa Muller de Alfonso Núñez López, oficial 1º do Concello de Arzúa Suspendida de emprego e trasladada a un concello da montaña asturiana Ficha en nomes e voces 12940
José Iglesias Méndez Natural e veciño de Calvos Detido e inculpado na causa 979/37 por rebelión Ficha en nomes e voces 9566
Jesús Iglesias Quintela Xornaleiro de 47 anos Natural de Arzúa e veciño de Santiago Afiliado a CNT Xulgado en Compostela por rebelión co resultado de sentenza a prisión 15 anos. Enviado ao psiquiátrico de Conxo coa diagnose de esquizofrenia Ficha en nomes e voces 9702
José James Montero Mestre de Rendal Concelleiro por “Izquierda Republicana” Sancionado con suspensión de emprego e soldo Ficha en nomes e voces 12941
Serafín López Bouzas Carpinteiro de 26 anos Natural de Arzúa e veciño de Santiago (Belvís, 32) Xulgado en Compostela por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua Ficha en nomes e voces 9526
José Morandeira Pereira Veciño de Arzúa Presidente do Sindicato de Oficios Varios Detido e inculpado en causa militar en Compostela por rebelión Ficha en nomes e voces 20387
Pedro Mosquera Boo Zapateiro de 42 anos Natural do Pino e veciño de Arzúa Directivo da Agrupación Socialista Local (PSOE) Xulgado en Compostela por rebelión co resultado de sobresemento. Ficha en nomes e voces 9511
Federico Nogueira Pimentel Comerciante Veciño de Arzúa Primeiro Tenente de Alcalde por “Izquierda Republicana” Xulgado en Compostela por rebelión co resultado de absolución. Sancionado co embargo do seu comercio de tecidos. Ficha en nomes e voces 12937
Jesús Parrado Vaamonde Contable de 25 anos Natural de Santiago e vexiño do Pedral (A Mella) Secretario do PCE, da loxia masónica Agarimo e directivo da Casa do Pobo Paseado. Morte rexistrada en Arzúa a causa de hemorraxia cerebral o 11 de agosto de 1936 Ficha en nomes e voces 11472
Jesús Pazos Vázquez Gandeiro de 40 anos Natural e veciño de Calvos Detido e inculpado na causa 979/37 de Compostela por rebelión. Ficha en nomes e voces 9565
Rogelio Rama Muiño Mestre de Brandeso Concelleiro por “Izquierda Republicana” Sancionado con suspensión de emprego e soldo Ficha en nomes e voces 12943
José Rey Viñariño Natural e veciño de Calvos Detido e inculpado na causa 979/37 de Compostela por rebelión Ficha en nomes e voces 9567
Inocencio Rial Obreiro de 36 anos Natural de Arzúa e veciño de Vieiro (Viveiro) Xulgado en Lugo por rebelión militar co resultado de sobresemento provisional Ficha en nomes e voces 2831
Manuel Rodríguez Pazos (Randaleiro) Labrego de 24 anos Natural e veciño de Calvos Detido e inculpado en causa militar en Compostela por rebelión Ficha en nomes e voces 9562
Manuel Saavedra Carril Médico de 44 anos Natural de Arzúa e veciño de Villamontán Vítima da represión na comarca de La Bañeza-León, sendo detido sen procesamento xudicial Ficha en nomes e voces 21161
José Sánchez López Mestre de Maroxo Inhabilitado para o exercicio da profesión durante 2 anos Ficha en nomes e voces 12942
Manuel Sánchez Taboada Labrego de 17 anos Natural e veciño de Calvos Detido e inculpado na causa 979/37 de Compostela por rebelión Ficha en nomes e voces 9563
José María Santos Quintela Sacerdote de 39 anos Natural de Arzúa e veciño da Coruña Xulgado na Coruña por rebelión co resultado de sobresemento e multa Ficha en nomes e voces 8908
Gerardo Torreiro López 30 anos Mestre de Santa María (Fonxe), concelleiro no concello de Arzúa no 1936 por “Izquierda republicana” Fuxido dende os primeiros días da sublevación. Depurado como mestre. En 1940 vive na Coruña e será restituido, destinado en León. Causa aberta en Ferrol por rebelión militar (fuxida a Francia do bou “Tiburón”) declarado fuxido e en rebeldía Ficha en nomes e voces 7101
José Torreiro Sánchez Mozo de hotel de 42 anos Natural de Arzúa, veciño de A Coruña Xulgado en A Coruña por rebelión co resultado de sobresemento Ficha en nomes e voces 8905
José Valiño Raposo (Pepe Valiño) Industrial Veciño de Arzúa De “Izquierda Republicana” Irmán do concelleiro de Arzúa Ramón Valiño. Propietario dun surtidor de gasolina e centraliña telefónica Foi privado das dúas licencias dos seus negocios Ficha en nomes e voces 12938
Eduardo Vázquez Rivadas Carpinteiro de 35 anos Natural e veciño de Rendal Xulgado en Compostela por rebelión co resultado de sobresemento e posta a disposición do Delegado Militar de Orde Pública Fichas en nomes e voces 9513
María Alicia Viaño García Mestra nacional da escola nº2 de Arzúa Natural de A Coruña, veciña de Arzúa Muller de Juan Vidal García, alcalde de Arzúa Suspendida de emprego e soldo a finais de agosto de 1936. Desterrada a Astorga nesas mesmas datas Ficha en nomes e voces 12936
Juan Manuel Vidal García Comerciante de 50 anos Alcalde de Arzúa de “Izquierda Republicana” Xulgado en Compostela por rebelión en proceso incoado o 25-8-1936 co resultado de declaración en rebeldía. Paseado en Compostela a finais de agosto ou principios de setembro de 1936. A súa familia queda sen licenza para comercializar apeiros Ficha en nomes e voces 12934
Constantino Vigo Ben Labrego de 23 anos Natural e veciño de San Estevo do Campo Detido e inculpado na causa 979/37 de Compostela por rebelión Ficha en nomes e voces 9564
O tomo dous da Gran Enciclopedia Galega, editada por Silverio Cañada no ano 1974 e con ISBN 84-7286-037-x contén nas páxinas 237 e 238, baixo a voz “Arzúa” un artigo de Antonio Taboada Roca adicado ao Concello de Arzúa e que hoxe reproducimos. Incluímos ademáis unha fotografía da época da praza da vila que ilustra o artigo.
ARZÚA. Municipio de la provincia de La Coruña y diócesis de Santiago. Limita al N. con los municipios de Boimorto y Frades, al S. con el río Ulla, que los separa de la provincia de Pontevedra, al E. con el Ulla y los municipios de Melide y Santiso, y al O. con los Touro y O Pino. Tiene una extensión de 154,6 km.² y una población de 9.064 habitantes, agrupados en las parroquias de Santa María de Arzúa, Santiago de Arzúa, Boente, Brandeso, Branzá, Burres, Calvos de Sobrecamiño, Campo, Castañeda, Dodro, Dombodán, Figueiroa, Lema, Maroxo, A Mella, Oís, Pantiñobre, Rendal, Tronceda, Viladavil, Vilantime y Viñós. El terreno es accidentado y de naturaleza arcillosa, con elevaciones que no sobrepasan los 500 m., siendo las principales el monte Viso, Martelo, Maroxo, Castro-Cornedo, Cornado. El Iso, que nace en las faldas occidentales del Bocelo y riega el valle de Arzúa, el Ulla, Carracedo, Mera y Tambre son los ríos principales. El clima es atlántico y los vientos más frecuentes son los del N. y los del S., estos últimos portadores de lluvias, abundantes de enero a abril. Las temperaturas se mantienen dentro d euna amplitud media relativamente moderada. La principal vía de comunicación es la carretera Santiago-Lugo y la de Arzúa a Lalín, además de varias carreteras locales. La estación de ferrocarril más próxima es la de Curtis, a 24 km. La economía se basa en la agricultura y en la ganadería. Las tierras cultivadas están muy repartidas y producen principalmente maíz, patatas, frutales, hortalizas, forrajes, trigo y centeno. cuenta con buenas praderías, muchas de ellas con regadío y de notable rendimiento. El ganado vacuno, de cerda y lanar, además de las explotaciones avícolas, constituyen la principal fuente de riqueza. La explotación forestal desempeña también un papel importante, sobre todo el pino, eucalipto, castaño, roble, abedul y fresno, que abundan en las tierras no cultivadas de propiedad privada, con la particularidad de que, además, estas tierras producen pastos permanentes, excepto en los pinares. La fauna es la característica de estas zonas y climas: lobos, zorros, jabalies, liebres, conejos, perdices, etc. La industria tiene poca importancia, sin embargo hay que señalar la existencia de dos pequeñas fábricas de tapizados, varios aserraderos y unos veinte talleres de carpintería mecánica. La actividad comercial del municipio se centra en las dos ferias mensuales que se celebran en Arzúa los días 8 y 22 de cada mes y son unas de las más importantes de Galicia por la gran afluencia de ganado y de productos agrícolas. Algunos autores -dice A. Taboada Roca- creen que la Araduca citada por Tolomeo en su Geografía Universal es la actual villa de Arzúa, que en la Edad Media se reducía a unas cuantas casa a orillas del Camino de Santiago y próximas a su iglesia parroquial. su antigua jurisdicción comprendía diez feligresías, cuyo señorío ejercían los arzobispos de Compostela, los cuales le concedieron los siguientes fueros: “Esto he o que o Arcebispo ha na vila d’Arçua: O temporal e o espiritual. E o Concello deulle dar dous cobres e facer a o Arcebispo ou seu Vicario dos dous cobre dúas xusticias e deue fazer o xuez e o notario na dita vila. Item cando o Arcebispo veña de Castela ou de roma ou d’en cas do Rey, hanlle de dar os moradores da dita vila un odre de viño e sesenta panes de senllos diñeiros. Item a medad dos portajes e a medad das voces e dos amezios e a outra amedade he do Concello. Item o padrón da iglesia de Santiago d’Arçua.” Labrada, en la descripción económica de Galicia (1804), dice que la jurisdicción de Arzúa tenía en esa fecha 612 vecinos y que sólo había una fábrica de tejas en Sendelle. En Arzúa -sigue diciendo- se celebra feria el día 8 de cada mes y concurre a ella mucho ganado vacuno, caballar, lechones, gallinas, huevos, trigo y centeno. Episodios notables de las luchas civiles que tuvieron por marco esta zona fueron, según Taboada Roca, el sermón pronunciado en Arzúa por Santiago Pastoriza, el 30 de mayo de 1831, con motivo de la bendición de la bandera de los voluntarios realistas, en el que relató los actos de heroísmo de sus paisanos. En un choque de aquéllos com los constitucionales, éstos derribaron la torre antigua de la iglesia parroquial. Tres años después, la villa y comarca de Arzúa fueron testigos de las luchas carlistas y liberales. Prueba evidente de la importancia histórica de este municipio, atravesado por el camino de Santiago, es la abundancia de casas señoriales esparcias por todo el término. Si bien unas han desaparecido y otras están en ruínas, aún son varias las que se mantienen en pie. Así, por ejemplo, la de Brandeso, de los Montero Figueroa, de la misma familia de la que provienen Rosalía Castro y Emilia Pardo Bazán; la de Orxal, la de Vilantime, la de Bascuas, la de Barrio y la de Sedor, de los Pita da Veiga, descendientes del soldado gallego que hizo prisionero a Francisco I, rey de Francia en la batalla de Pavía. Los principales monumentos son la capilla de la Madalena, antigua hospedería de peregrinos, y la torre de la iglesia parroquial, que data de 1829. Los edificios del ayuntamiento, del juzgado y de la carcel fueron construídos el siglo pasado, gracias a la iniciativa de Barreiro, diputado en Cortes por este distrito. Todavía se conserva la creencia popular del poder curativo -sólo para el dolor de muelas- de las campanas de Rendal. Los que sufrían este mal tocaban, para curarlo, las campanas cogiendo la cadena del badajo con la boca el Sábado de Gloria. Muy popular es también el dicho, onomatopéyico en parte, atribuído a estas campanas. As campanas de Rendal din: quen ten val. Entre los numerosos hijos ilustres de este municipio es necesario mencionar a Pita da Veiga, Basilio Carril, Xan de Arzúa, los hermanos Souto Vila, Xesús Bendaña, etc.
Houbo un tempo no que había tan poucos coches, que un viaxe nun deles daba lugar a unha nota no xornal, como esta que se publicou o 5 de xaneiro de 1927 no número 911 de “El Pueblo Gallego: rotativo de la mañana”, na súa páxina 11, na sección “Información Regional” baixo o epígrafe “El Pino (La Coruña)”:
De Sociedad.-A su paso para Arzúa hemos tenido el gusto de saludar días pasados a nuestros amigos el ilustrado secretario del Juzgado municipal de aquella villa, don Jesús Rodríguez Sexto, su hermano don Luis y otros señores, que en automóvil regresaban de un viaje de sport.