O arzuán que operou Castelao

Na monumental biografía “Castelao. Construtor da nación. Tomo I 1886-1930” editada por Galaxia con ISBN 9788491513186 e obra do arzuán Miguel Anxo Seixas Seoane refírese esta anécdota na páxina 280 e citanse como fontes da mesma “Relembrando a don Ramón Fernández Mato” en El Correo Gallego, Santiago, 22 de maio de 1981 e “El humorismo gallego: Alfonso R. Castelao” en Faro de Vigo de 16 e maio de 1926. Situase o feito no 1909, con un Daniel Alfonso Rodríguez Castelao recén licenciado en mediciña na facultade de Santiago:

Era un matrimonio de Arzúa, que tiñan a estudiar unha filla en Santiago e o pai da rapaza tiña dúas verrugas según él – especie de cancro- e o gran Castelao comprometeuse a tirarllas. Así foi: foron para alá os dous, e despois de rematar a operación púxolle dúas puntadas polo que ó vello lle quedaron os beizos un pouquiño retorcidos, entón o gran Gastelao asomouse a don Ramón e díxolle a carón do seu ouvido: ¡Mira como serei eu, Ramonciño, que hastra co bisturí fago caricaturas!.