Grazas ao número 1 da revista “Uila noua: voceiro arzuán”, publicado en 1986, sabemos deste conto que recolleu Manoel Cajaravile Pensado no seu libro “Debullando Folklore” (A Coruña 1983). Na revista publicouse con un debuxo de J. Fonte. A continuación reproducimos o conto:
Eu na miña vida vin dúas persoas que se levaran tan mal como Xan do Recho e máis o Laberco. Decote andaban rifando, í eso que vivían porta con porta.
Xa tiveran dous preitos: ún pola auga do regadía, e outro por un carballo.
O máis fermoso do caso foi que o carballo non era de ningún. O carballo nacera entre a leira dún e máis a do outro, pro como estaba metido no camiño do río, resultóu sere do Estado.
Entre abogados, escribentes, viaxes a cidade e outras cousas quedaron polas portas.
Un día saía da casa o recho coa cabra á corda, e o Laberco que estaba na porta díxolle:
-¿Onde vas con ese castrón?
-¿E logo ti non ves que é unha cabra?
-Non estou a falar contigo; estou falando coa cabra.
Xa se armou
Pubricado por M. CAJARAVILLE PENSADO no libro”Debullando Folklore”, A Coruña 1983.