As raices arzuás de “Chocolates Raposo”

Dende 1902 ata mediados dos anos 90 houbo en Santiago de Compostela unha fábrica de chiculate chamada “Chocolates Raposo” que tivo as suas raices en Arzúa.

Trala guerra de Cuba (1895 – 1898) exiliouse en Arzúa Manuel del Castillo, establecéndose na que hoxe é a Praza de Galiza cunha chiculatería. Tivo de aprendiz a Jesús Raposo Rivadulla, a nai de Jesús (María Rivadulla) pagáballe ao chiculateiro catro reais ao mes para que lle enseñase o oficio ao rapaz. Traballando con él aprenderon a facer chiculate os irmáns Jesús (1880-1961), Luis (1885-1974) e Juan (1883-1978) Raposo Rivadulla. Anos máis tarde Jesús diría de Manuel del Castillo que era dunha economía espartana, solo facía unha comía ao día e dormía ao lado da chocolatería.

En 1902 estableceuse Jesús, co seu irmán Juan en Santiago de Compostela, na Rúa Casas Reais nº 44, cunha fábrica de chiculate a man, venta de ultramarinos e viños do Ribeiro. Luis foi para A Estrada onde montou outro negocio: “Ultramarinos el Arzuano”.

Según nos conta Santiago Formoso Raposo (neto de Juan), consérvase unha carta do 14 de maio de 1905 na que María Rivadulla Berea lle escribe ao seu fillo Jesús:

Querido hijo no sé si te engañarias estableciéndote en Compostela porque Cotos, Botas, Ron llevan muchos años y no te van a dejar arrancar acuérdate que tienes a tu hermano Juan contigo y es menor de edad.

A esto respostaba o xa industrial Jesús Raposo:

Querida madre espero que este bien de salud y Dios nos la guarde muchos años. Mi hermano Juan y un servidor vamos bien: el ultramarinos está dando 600 pesetas mensuales, el azafrán 2.000 y el obrador de chocolate 800 y además querida madre, el sol sale para todos por igual todos los días.

No 1915 Juan Raposo Rivadulla regresou a Arzúa para casar con Teodora Quintás, traendo con él 106.000 pesetas (unha fortuna na época) coas que comprou, entre outras propiedades, a casa do xuiz Peñamaría de Llano (Ramón Franco 55), poñendo alí un hospedaxe e casa de comidas.

Na fábrica de Raposo en Compostela, na que o chiculate se facía a brazo, traballaron outros mozos de Arzúa, como os primos dos Raposo Rivadulla: os irmáns José e Ramón Valiño Raposo, ou os sobriños do propietario: Juan e Román Raposo Lamas.

Ao enviuvar Luis Raposo Rivadulla en 1918, vendeu o negocio da Estrada a Ismael Fernández Novoa, (marido da arzuán Josefa Rodríguez Sexto) e voltou para Compostela para asociarse co seu irmán Jesús e trasladar o negocio a Casas Reais número 21. No ano 1939 aos dous irmáns uneuse Manuel Raposo Montero (fillo de Luis). No ano 1940 trasladaron a fábrica e o negocio a Rúa das Orfas nº 15, onde funcionou ata o retiro de Manuel nos anos 90 do século pasado.

Jesús realizou un gran labor social, e entre outras cousas, donou 125.000 pesetas para a construcción da actual igrexa parroquial de Arzúa, onde ainda se conserva na fachada central unha vidrieira que representa ao neno xesús co seu nome inscrito.

Detalle da vidrieira do neno Xesús na igrexa parroquial de Santiago de Arzúa