Foro municipal de Arzúa no século XIV

No libro “Fueros municipales de Santiago y de su tierra” de Antonio López Ferreiro, publicado en 1895 e con edición facsimil de Ediciciones Castilla en 1975 recóllese na páxina 536 o foro otorgado que figura no chamado “Tumbo antiguo” do pazo arzobispal de Compostela.

Hermida Rodríguez, no traballo “Acotaciones a los fueros de Mellid“, publicado en xuño de 1985 no boletín nº 3 do Centro de Estudios Melidenses Museo Terra de Melide di que os foros de Arzúa e de Melide son os dous da mesma época: do século XIV.

No folio 73 do Tumbo antiguo, según López Ferreiro lese:

Esto he o que arçobispo ha ena vila de Arçua; o tenporal e o espiritual. E o concello deulle dar dous cobres, e faser o arçobispo ou seu vicario dos dous cobres duas justicias, e deue fazer o juez e o notario ena dita vila.

Iten quando o arçobispo vier de Castela, ou de Roma ou de cas del Rey, hanlle de dar os moradores de dita vila vn odre de viño e sasenta panes de senllos diñeiros.

Iten a meadad das portages e a meadad das vozes e dos omezios, e a outra ameadade he do concello.

Iten he padron da iglesia de Santiago d’Arçua.

No folio 52 do mesmo Tumbo:

en el dicho lugar de Arçua da el concejo al señor (al Arzobispo) cada que fuer o vinier a Castilla e pasare por y vn odre de vino e sesenta panes e vna perna de vaca.

Iten ha mas el dicho señor la meytad del portaje, e la otra meytad lieuala el concejo del dicho lugar por priuilegio que ouieron de los arçobispos don beringuel e don pedro (D. Pedro V † 1351) para faser la cerqua; e fueles otorgado por onze anos que son pasados e mays seis anos; e agora cogenlo syn priuilegio nin confirmacion vuestra.