Compartimos este recorte de prensa que nos envía Xesús Bendaña e que foi publicado na edición de Santiago. Cremos que é a primeira aparición en prensa da festa máis emblemática da vila de Arzúa. Quen asina con “P.” este artigo é Xosé María G. Palmeiro.
O PROSIMO DOMINGO CELEBRARASE EN ARZUA A “I FESTA DO QUEIXO”
• Serán unhas 500 as vendedoras de toda a comarca que estarán presentes
• Tamén está prevista a celebración dunha esposición de humor galego
O próximo domingo, día sete, celebrarase en Arzúa a «I festa do queixo». Un grupo de rapaces decidiu levar adiante o proxecto, programando unha serie de actos que durarán todo o día.
Dous membros da comisión organizadora, Xesús Bendaña e Miguel Castro estiveron onte na nosa delegación pra falarnos da feira.
O QUEIXO, PRODUCTO FUNDAMENTAL
—Nós tratamos de resaltar a importancia do queixo porque é un producto fundamental na economía da comarca. Os queixos arzuáns son certamente famosos. Calquera pode atopalos nas feiras que se celebran o día oito e mais o quince de cada mes. Claro que agora ó obstáculo que supoñen os intermediarios, hai que xuntar o problema creado pola non recollida do leite.
En fin, tendo en conta todo esto a comisión decidiu pagar duascentas pesetas a todas e cada unha das mulleres que apareza cun mínimo de dez queixos, ademáis de pagarlles o viaxe de ida e volta.
—O servicio de transporte será desde Toques, Melide, Curtis, Sobrado, Teixeiro, Vilasantar, Présaras, Boimorto, Santiso, Visantoña, Touro, Turces, Quión, Beseño, Dombodán, Pantiñobre, Brandeso e Burres. Por outra banda, ademáis das duascentas pesetas, haberá trofeos pras parroquias que leven máis queixos.
—¿Tedes previsto algo especial, aparte da venda? —Está organizada unha esposición de maquinaria agrícola e algunhas mulleres elaborarán queixos na mesma feira. Ao mesmo tempo, unhas rapazas vestidas co traxe rexional darán a probar o queixo os visitantes.
Pero os organizadores teñen previsto tamén outros actos pra cubrir a xornada. —Haberá bandas de música, gaiteiros e unha esposición de humor galego nun dos muros da feira. Temos dibuxos de Castelao, Quesada e Sirso.
PRESUPOSTO: 200.000 PTAS.
—¿Haberá outras feiras nos anos vindeiros?
—Pensamos seguir a facela e trataremos de que sexa patrocinada polo Ministerio de Información e Turismo. —¿Qué presuposto existe todo esto? —Os gastos totales rebasarán as duascentas mil pesetas, según os nosos cálculos. —¿Contades con axudas dalgún organismo oficial? —O Ayuntamiento ten aportado cen mil pesetas pra pagar as señoras que veñan cos queixos.
Aseguran que a colaboración do pobo de Arzúa é un feito e pensan que non haberá problemas pra amortizar os presupostos. Prós membros da comisión o importante era contar de entrada coas queixeiras. E equí a realidade superou con moito a todo o previsto. Serán unhas quineintas as vendedoras de queixos que se desprazarán ate Arzúa o día sete de marzal.
A «I festa do Queixo», pois, está xa en marcha.— P.
Ata 1833 o Reino de Galicia estivo dividido en sete provincias, unha delas era Santiago e a esa provincia pertencía o actual Concello de Arzúa. Jesús Barral-Guerín y Rouco, no número 279 da revista “Hidalguía: la revista de genealogía, nobleza y armas” (ano 2000), publicou un traballo titulado “Hidalgos avecindados y forasteros empadronados en las parroquias de la Villa de Arzúa en los libros del Catastro del Marqués de la Ensenada y algunas notas histórias y geográficas referentes a dicha villa”. O seguinte parágrafo está tirado literalmente dese traballo:
Las ventidós parroquias que constituyen hoy en día el Concejo de Arzúa, se encontraban encuadradas, bajo el Antiguo Régimen, en la antigua Provincia de Santiago (una de las siete que formaban el antiguo Reino de Galicia), y sometidos a los siguientes señoríos jurisdiccionales: – Abeancos (parroquias de Brandeso y Tronceda), del Conde de Monterrey; – Arzúa (parroquias de Vila de Arzúa, Santa María de Arzúa, Burres, Calvos de Sobrecamiño, A Mella y Villadavil); Bendaña (parroquias de Lema, Pantiñobre y Viñós); Melide (parroquias de Castañeda, Rendal y Villantime); Mesía (parroquia de Campo) y Xiro da Rocha (parroquia de Branzá), del Arzobispo de Santiago; – Boente (parroquias de Boente, Figueroa y Maroxo), del Conde de Altamira -Oíns (parroquias de Dodro y Oínes), de la familia Guiráldez; – San Justo de Dombodán (parroquia de Dombodán), del Monasterio de San Martín de la ciudad de Santiago.
Para unha mellor comprensión, elaboramos esta taboa:
Parroquia de Arzúa
Señorío xurisdiccional
A Mella
Arzúa, do Arzobispo de Santiago
Arzúa (Santa María)
Arzúa, do Arzobispo de Santiago
Arzúa (Vila)
Arzúa, do Arzobispo de Santiago
Boente
Boente, do conde de Altamira
Brandeso
Abeancos, do Conde de Monterrey
Branzá
Xiro da Rocha, do Arzobispo de Santiago
Burres
Arzúa, do Arzobispo de Santiago
Calvos de Sobrecamiño
Arzúa, do Arzobispo de Santiago
Campo
Mesía, do Arzobispo de Santiago
Castañeda
Melide, do Arzobispo de Santiago
Dodro
Oíns, da familia Giráldez
Dombodán
San Xusto de Dombodán, do Mosteiro de San Martín Pinario
Aseconia ou Assegonia era unha mansio ou pousada oficial romana, un lugar onde pasar a noite durante un viaxe que mantiña o goberno. Asegonia aparece mencionada en varias fontes clásicas do século III ou posteriores (Itinerario de Antonino, Itinerario de Barro ou o Anónimo de Rávena)
Actualmente, crese que Aseconia estaba en Compostela, pero dende o século XIX varios autores a situaron en Arzua:
Oíns, según R. Barros Silvelo en Antiguedades de Galicia (1875)
Dombodán, según Arias Bonet en varios traballos publicados entre 1987 e 1989
Cercanías de Arzúa, según María del Dulce Nombre Estefanía Álvarez en Vías romanas de Galicia (1960).
No libro titulado “Os nomes dos concellos da provincia da Coruña” con ISBN 9788417807092, publicado pola Real Academia Galega (Seminario de Onomástica) en 2021 co patrocinio da Deputación da Coruña, trátase do topónimo “Arzúa”. O redactor do libro é Gonzalo Navaza.
Reproducimos o que se di sobre o nome “Arzúa” na páxina 16..
O termo municipal, creado en 1836, reuniu parroquias que no Antigo Réxime pertenceran ás xurisdicións de Arzúa, Bendaña, Abeancos, Boente, Melide, Oíns, Dombodán, Mesía e O Xiro da Rocha, todas elas da provincia de Santiago. Recibiu o seu nome do de Arzúa, capital municipal e unha das dezasete vilas da antiga provincia de Santiago.
A vila de Arzúa é un dos núcleos urbanos desenvoltos a partir do século XI á beira do Camiño de Santiago. Nos rexistros máis antigos que se coñecen, do século XII, a poboación aparece denominada Vilanova (Villam novam), coma no Libro V (“Guía de Peregrinos”) do Códice Calixtino, onde é escenario dun milagre. Co nome actual só se documenta desde o século XIII: Aprilis Iohannis de Arzua, ano 1245; Petrus Didaci de Arçua, 1283…
Arzúa é un topónimo de orixe e significado descoñecidos. A maior parte dos autores que se ocuparon del suponlle orixe prerromana, o que significa que o lugar xa se chamaría así cando se instituíu o nome de Villam Novam que aparece nos primeiros rexistros medievais. Algúns explícano como hidrónimo emparentado co nome do río ourensán Arzoá, pero pola vila non pasa hoxe ningunha corrente fluvial significativa que puidese motivar o topónimo, aínda que un dos lugares da parroquia de Arzúa (Santiago) é O Río Vello.
Tamén se ten suxerido unha orixe igualmente prerromana pero de significado oronímico, relacionada co substantivo común artesa e o nome de Arteixo. Á hipótese que o relaciona co latín argia ‘mato’ e co substantivo común arxe (‘toxo miúdo’, ‘maleza que se queima’) a partir dun derivado diminutivo *argiŏla obxectáronselle dificultades fonéticas, pois o esperable nese caso sería Arxoa e non Arzúa.
A continuación transcribimos as páxinas 80 a 82 da guía editada por Everest e o Concello de Arzúa, primeiro en castelán (1987) e logo en galego (1988), escrita por Eduardo Aurelio Cacheda Vigide e que leva por titulo “Arzúa no Camiño de Santiago”:
Seguindo a estrada de Arzúa a Vila de Cruces, ó pasármo-lo río Iso, atopámo-la parroquia de Brandeso. Os seus 179 habitantes viven repartidos nos lugares de Bustelo, Campos, Casal de Abaixo, Casal de Arriba, Cimadevila, Cubelo, Garmalla, Igrexa, Monteiros e Piñeiro.
A súa igrexa parroquial é do século XVIII, construída de canteria e cachotería, con remates de pináculos estirados, tanto na súa fachada como no segundo corpo da espadana. O retablo maior é de finais do século XVIII con algún detalle rococó. Nel hai dúas imaxes (San Ramón e San Buenaventura, ámbolos dous vestidos de Cardeal) de grande calidade e pouco frecuentes nas igrexas rurais. Son do século XVIII.
Pero a xoia artística do templo constitúea o retablo da Virxe do Socorro, da escola de Ferreiro, de orde xónica con pilastras e belas columnas. Na fornelo central hai unha fermosa imaxe da Virxe do Socorro, derivación doutra da mesma advocación conservada en San Martín Pinario de Santiago. Tamén son de notable interese as imaxes de San Antonio e de San Roque, situadas no mesmo retablo.
Na mesma parroquia e moi preto da igrexa, está o pazo de Brandeso que, pola súa arquitectura, é un dos máis notables da provincia da Coruña. Dende a estrada accedese ó pazo e finca que o rodea, a través dun enorme portal co escudo da familia. O edificio, de planta rectangular, é dos séculos XVII, XVIII e XIX, con restos de antigas torres. No centro un grande tímpano co escudo dos Aguilar coa súa aguia explaiada, Mosquera (cinco cabezas de lobo en sotuer) e Montero que contén unha árbore cun can atado e unhas chaves adosadas ó toro.
É de cachotería ó aire, sen revestimento e co coroamento da fachada a base de merlóns.
Frente ó pazo está a capela que foi construía no 1544 e reformada no 1664. É de salienta-lo conxunto axardinado que rodea o pazo e a capela.
Poida que atraído pola sonoridade ou pola musicalidade do nome, Valle Inclán adoptou o do pazo de Brandeso, trocándolle unicamente o nome de San Lourenzo polo de San Clemente, para escenario no que habían de acontece-los amores do marqués de Bradomín coa pobre concha, na súa “Sonata de Otoño”.
Os titulares do pazo chegaron a posuir grandes propiedades de terra en Brandeso e Dombodán, cunha renda anual que superaba os quince mil ferrados.
Unhas 45 ha. destas posesións, especialmente as que rodean o pazo, están hoxe dedicadas a unha plantación intensiva de árbores froiteiras, maceiras e pereiras.
Na guía que en 1999 editou o Concello de Arzúa (sen ISBN), titulada “Guía de Arzúa. Terra de Quesos, Caminos y Turismo Rural” e que escribeu Xosé Luis Laredo Verdejo adícase un apartado aos pazos do concello de Arzúa. Menciona dez e son os seguintes:
Remesil
Fondevila
A Riba
Bascuas
Pumar
Sedor
Outeiro
Orxal
Calvos
Brandeso
Adicionalmente, nun pe de foto citase a casa grande do lugar do Curro na parroquia de Figueroa. Reproducimos o texto do apartado 9, “Pazos”, que comenza na páxina 89:
Eran muchos los pazos desde los que los feudales gobernaban las tierras de Arzúa, por la feracidad de sus tierras y su importancia histórica. La mayoría han perdido su carácter pacego y abandonados o vendidos por sus señores se han convertido, en el mejor de los casos, en grandes casas de labranza. Así vemos el de Remesil en Dombodán, el de Fondevila, junto a la iglesia de Pantiñobre y el de A Riba, de la que sólo queda la capilla de San Bieito. Cerca de Ribadiso, se restauró acertadamente el pazo de Bascuas.
En Castañeda se miran dos grandes pazos de factura muy similar. A la orilla del Camino de Santiago el de Pumar, habitado y bien conservado, con su chimenea coronada de pináculos, torre y una galería orientada al mediodía. Frente a él, convertido en casa rural, el monumental pazo de Sedor, que fue solar de los Pita da Veiga. En el límite con el municipio de Melide, confundido con el poblado de Boente también se conserva en parte el que fue pazo de Outeiro de Boente.
La carretera de Arzúa a Pontecarreira atraviesa la extensa parroquia de Calvos de Sobrecamiño, en la que se conservan varios pazos. El de Orxal destaca en medio de este poblado por el volumen de su construcción del siglo XVII y la gran chimenea y el de Calvos de Sobrecamiño, al lado de la iglesia de San Martiño, perfectamente restaurado.
El pazo de Brandeso, en la parroquia de este mismo nombre, es sin duda el que mejor se ha conservado, desde su construcción en 1554, según una inscripción que aparece en la capilla. Las reformas posteriores a esa fecha son evidentes, pero conserva sereno su antigua grandeza.
O tomo dous da Gran Enciclopedia Galega, editada por Silverio Cañada no ano 1974 e con ISBN 84-7286-037-x contén nas páxinas 237 e 238, baixo a voz “Arzúa” un artigo de Antonio Taboada Roca adicado ao Concello de Arzúa e que hoxe reproducimos. Incluímos ademáis unha fotografía da época da praza da vila que ilustra o artigo.
ARZÚA. Municipio de la provincia de La Coruña y diócesis de Santiago. Limita al N. con los municipios de Boimorto y Frades, al S. con el río Ulla, que los separa de la provincia de Pontevedra, al E. con el Ulla y los municipios de Melide y Santiso, y al O. con los Touro y O Pino. Tiene una extensión de 154,6 km.² y una población de 9.064 habitantes, agrupados en las parroquias de Santa María de Arzúa, Santiago de Arzúa, Boente, Brandeso, Branzá, Burres, Calvos de Sobrecamiño, Campo, Castañeda, Dodro, Dombodán, Figueiroa, Lema, Maroxo, A Mella, Oís, Pantiñobre, Rendal, Tronceda, Viladavil, Vilantime y Viñós. El terreno es accidentado y de naturaleza arcillosa, con elevaciones que no sobrepasan los 500 m., siendo las principales el monte Viso, Martelo, Maroxo, Castro-Cornedo, Cornado. El Iso, que nace en las faldas occidentales del Bocelo y riega el valle de Arzúa, el Ulla, Carracedo, Mera y Tambre son los ríos principales. El clima es atlántico y los vientos más frecuentes son los del N. y los del S., estos últimos portadores de lluvias, abundantes de enero a abril. Las temperaturas se mantienen dentro d euna amplitud media relativamente moderada. La principal vía de comunicación es la carretera Santiago-Lugo y la de Arzúa a Lalín, además de varias carreteras locales. La estación de ferrocarril más próxima es la de Curtis, a 24 km. La economía se basa en la agricultura y en la ganadería. Las tierras cultivadas están muy repartidas y producen principalmente maíz, patatas, frutales, hortalizas, forrajes, trigo y centeno. cuenta con buenas praderías, muchas de ellas con regadío y de notable rendimiento. El ganado vacuno, de cerda y lanar, además de las explotaciones avícolas, constituyen la principal fuente de riqueza. La explotación forestal desempeña también un papel importante, sobre todo el pino, eucalipto, castaño, roble, abedul y fresno, que abundan en las tierras no cultivadas de propiedad privada, con la particularidad de que, además, estas tierras producen pastos permanentes, excepto en los pinares. La fauna es la característica de estas zonas y climas: lobos, zorros, jabalies, liebres, conejos, perdices, etc. La industria tiene poca importancia, sin embargo hay que señalar la existencia de dos pequeñas fábricas de tapizados, varios aserraderos y unos veinte talleres de carpintería mecánica. La actividad comercial del municipio se centra en las dos ferias mensuales que se celebran en Arzúa los días 8 y 22 de cada mes y son unas de las más importantes de Galicia por la gran afluencia de ganado y de productos agrícolas. Algunos autores -dice A. Taboada Roca- creen que la Araduca citada por Tolomeo en su Geografía Universal es la actual villa de Arzúa, que en la Edad Media se reducía a unas cuantas casa a orillas del Camino de Santiago y próximas a su iglesia parroquial. su antigua jurisdicción comprendía diez feligresías, cuyo señorío ejercían los arzobispos de Compostela, los cuales le concedieron los siguientes fueros: “Esto he o que o Arcebispo ha na vila d’Arçua: O temporal e o espiritual. E o Concello deulle dar dous cobres e facer a o Arcebispo ou seu Vicario dos dous cobre dúas xusticias e deue fazer o xuez e o notario na dita vila. Item cando o Arcebispo veña de Castela ou de roma ou d’en cas do Rey, hanlle de dar os moradores da dita vila un odre de viño e sesenta panes de senllos diñeiros. Item a medad dos portajes e a medad das voces e dos amezios e a outra amedade he do Concello. Item o padrón da iglesia de Santiago d’Arçua.” Labrada, en la descripción económica de Galicia (1804), dice que la jurisdicción de Arzúa tenía en esa fecha 612 vecinos y que sólo había una fábrica de tejas en Sendelle. En Arzúa -sigue diciendo- se celebra feria el día 8 de cada mes y concurre a ella mucho ganado vacuno, caballar, lechones, gallinas, huevos, trigo y centeno. Episodios notables de las luchas civiles que tuvieron por marco esta zona fueron, según Taboada Roca, el sermón pronunciado en Arzúa por Santiago Pastoriza, el 30 de mayo de 1831, con motivo de la bendición de la bandera de los voluntarios realistas, en el que relató los actos de heroísmo de sus paisanos. En un choque de aquéllos com los constitucionales, éstos derribaron la torre antigua de la iglesia parroquial. Tres años después, la villa y comarca de Arzúa fueron testigos de las luchas carlistas y liberales. Prueba evidente de la importancia histórica de este municipio, atravesado por el camino de Santiago, es la abundancia de casas señoriales esparcias por todo el término. Si bien unas han desaparecido y otras están en ruínas, aún son varias las que se mantienen en pie. Así, por ejemplo, la de Brandeso, de los Montero Figueroa, de la misma familia de la que provienen Rosalía Castro y Emilia Pardo Bazán; la de Orxal, la de Vilantime, la de Bascuas, la de Barrio y la de Sedor, de los Pita da Veiga, descendientes del soldado gallego que hizo prisionero a Francisco I, rey de Francia en la batalla de Pavía. Los principales monumentos son la capilla de la Madalena, antigua hospedería de peregrinos, y la torre de la iglesia parroquial, que data de 1829. Los edificios del ayuntamiento, del juzgado y de la carcel fueron construídos el siglo pasado, gracias a la iniciativa de Barreiro, diputado en Cortes por este distrito. Todavía se conserva la creencia popular del poder curativo -sólo para el dolor de muelas- de las campanas de Rendal. Los que sufrían este mal tocaban, para curarlo, las campanas cogiendo la cadena del badajo con la boca el Sábado de Gloria. Muy popular es también el dicho, onomatopéyico en parte, atribuído a estas campanas. As campanas de Rendal din: quen ten val. Entre los numerosos hijos ilustres de este municipio es necesario mencionar a Pita da Veiga, Basilio Carril, Xan de Arzúa, los hermanos Souto Vila, Xesús Bendaña, etc.
A tese doutoural de Joaquín Caridad Arias, dirixida por Carmén Díaz Alayon no curso 2003-2004 na facultade de Humanidades e Ciencias sociais da Universidade de La Laguna e titulada “Los fenómenos de la homonimia y la homofonía en la toponomástica y su repercusión en las etimologías cultas y populares de la Europa Occidental (ISBN 8477565597) di na súa páxina 360:
Domboda en Lugo y Dombodán en La Coruña proceden del nombre Dominus Boda-nus, el mismo del Bodanensis cenobius y del Bodensee (esp. lago de Constanza), que cabe relacionar con el nombre celta-germánico Bodo o boudo.
En outras palabras, o topónimo Dombodán estase a referir ao deus xermánico Bodán, máis coñecido como Odín, cuio culto chegaría a estas terras traído polos suevos.