A Irmandade da Fala de Arzúa acude a I Asamblea nacionalista de Lugo

Na páxina 102 do libro “Vicente Risco no nacionalismo galego. 1.Das orixes á afirmación plena”, de Justo G. Beramendi (ISBN 8485738071, edicións do Cerne, Santiago, 1981), facilitase a lista de cidades e vilas nas que xurdiron Irmandades da Fala, e entre elas figura Arzúa. Segundo podemos ler nas páxinas seguintes, a Irmandade da Fala de Arzúa estivo representada na I Asamblea de Lugo (celebrada no teatro Lugo-Salón entre o 17 e o 18 de novembro de 1918).

A Irmandade da Fala de Arzúa da “febles sinais de vida”, polo que debemos supoñer que non foi moi activa.

Industria textil en Arzúa no século XVIII

No tomo LXV das “Memorias políticas y económicas sobre los frutos, comercio, fábricas y minas de españa”, adicado as “Fábricas de sombreros, lienzos y metales del Reyno de Galicia”, publicado no ano 1800 en Madrid e escrito por don Eugenio Larruga dise na páxina 34:

En la jurisdicción de Arzúa se cuentan 28 telares que andan muy poco

E no índice do mesmo libro pódese ler “Arzúa, sus lienzos, página 34”