Polémica entre os alcaldes de Santiago e Arzúa por negarse a alimentar un preso

Esta historia, recollida na tese de doutoramento de 2012 “Administración, gestión y poder político en el Ayuntamiento de Santiago de Compostela, 1845-1868” de Ana Cristina Pérez Rodríguez foi publicada na Gaceta de Madrid do 19 de xuño de 1862. Un detido en Arzúa (Marcos Puñín) foi enviado a Santiago polo alcalde de Arzúa alegando que era veciño daquela cidade. Despois de dúas semanas de investigación, o tenente alcalde de Santiago mandouno de volta para Arzúa dicindo que era veciño deste municipio. O alcalde de Arzúa non o quixo alí e mandouno de novo para Compostela, onde o alcalde non puido procesalo por falta de competencias. O motivo de tanto traslado estaba en que ambos concellos trataban de evitar pagar o mantemento do preso.

O detido denunciou ao xuíz de primeira instancia a conduta de ambos alcaldes e o xuíz intentou procesar ao tenente alcalde de Santiago (Manuel Turnes, alcalde accidental) e ao alcalde de Arzúa (Manuel González) pero non puido facelo por que o Gobernador suspendeu a causa alegando que actuaran baixo o artigo 73 da “Ley de Ayuntamientos” de 1845.

Construción da estrada Santiago – Lugo

O número 125 do Boletín Oficial da Provincia da Coruña do 19 de outubro de 1853 facilita o detalle das obras da estrada de Santiago a Lugo:

Trozo quinto.

Se hicieron 156 varias cúbicas de muros de sostenimiento de mampostería ordinaria en la Salceda.

681 varas lineales de firme entre Brea y Ferreiros.

Trozo sexto

156 varas lineales de esplanación de desmonte y 224 en terraplén en el Raído.

Se construyeron 400 varas cúbicas de muros de sostenimiento de mampostería ordinaria en Gayan.

Se han concluido 1000 varas lineas de firme entre Arzúa y casas de Penas.

Trozo sétimo.

166 metros lineales de esplanación en desmonte de terreno duro y 234 idem idem en terraplén entre Arzúa y Boente.