Levábanse mal unha sogra máis unha nora

Antón Santamaría e Dorothé Schubarth recolleron en Maroxo, en 1979 este conto, narrado por unha muller chamada Salomé. Compartimos o audio e transcribimos o texto:

Levábanse mal unha sogra máis unha nora, entonces, á sogra, deulle un accidente e botou unha chea de días sin resucitar, pero non morreu. E xa a levaban para ir enterrar. Levábana, iban xa con ela na caixa, pero, naquel día iban as caixas abertas, non iban tapadas coma ahora. E pasaron por baixo dun carballo, e iban os homes con ela, a hombros, e ela aquel alto que iba na caixa, volveulle o sentido, e veu que a levaban na caixa e levantou sentada e enganchouse na pola dun carballo. E despois, claro que se houbo que ir con ela para casa, dende logo. Pero despois, ao cabo dun ano morreu, morreu de verdade, e iban con ela e a nora choraba por ela (facía que choraba), e dicía: “Miña nai non a és, miña sogra é mal dito, ¡adios nai do meu home!, ¡adiós nai do meu home!, ¡arredar do carballo que non faga como o ano pasado!”.