O Tío Pepe dos Contos: un arzuán mago e ventrílocuo

Cos nomes artísticos de “Tío Pepe dos Contos” ou “Profesor Castro de Arzúa” o arzuán Luís Vázquez Castro actuou en cines e teatros. Tamén coñecido na vila como “Molete”, faleceu en Ferrol con 56 anos as oito da mañán do 5 de xaneiro de 1978 e foi enterrado o día 6 en Arzúa ao carón da súa nai, segundo a súa vontade. Moitos son os que aínda lembran as súas actuacións no Café de Castro, nas que facía maxia ou exhibía a súa habilidade como ventrílocuo, ben fora cos seus “bonecos viventes” ou facendo “falar” a nenos do público.

No encabezado desta entrada compartimos un programa do cine Armero en Requena (Valencia) con este texto:

Cinema Armero
Martes 31 de mayo de 1949, a las 11:30 de la noche
UNICA ACTUACION
presentada y dirigida por el graciosísimo PROFESOR
CASTRO DE ARZUA
Con sus experimentos de ilusionismo puramente orientales y sus incoparables muñecos vivientes.
HUMORISMO EN ACCIÓN
PRECIOS
Butaca: 3,50 ptas. -Preferencia:2’50 – General 1’50

E a continuación reproducimos o publicado polo xornal “El Correo Gallego; diario político de la mañana” no seu número 23.546 (27/09/1947):

ARZÚA

Por segunda vez tenemos el gusto de saludar al simpático artista Luis Vázquez Castro, “Tio Pepe dos Contos”, quien después de haber sufrido una sencilla intervención quirúrgica nos presentará el próximo domingo, su selecto y variadísimo programa consistente en un sinfín de atracciones que como ilusionista y ventrílocuo nos ofrece.
Sea bienvenido a su pueblo natal, que desea aplaudirle de nuevo con todo entusiasmo, como lo hizo en su primera actuación, que todavía recordamos con verdadero deleite.