Unha copla: viva Arzúa e o lugar do Capelán

O 2 de marzo de 1918 o número 929 da publicación “Nova Galicia: revista semanal, órgano dos gallegos é pr’os gallegos n’as Amérecas” inclueu unhas coplas firmadas por Fortunato Cruces e adicadas ao seu amigo don Joaquín Gómez. Reproducimos a que se refire a Arzúa:

Viva Arzua, viva Arzua
y-o lugar de Capelán,
alí teño unha rapaza
esperándome outro vrán.

Un ferido grave nun acto electoral

Na cidade da Coruña, o venres 15 de febreiro de 1918 publicouse o número 311 do xornal “El Ideal Gallego: diario católico, regionalista e independiente” con, entre outras, esta nova en primeira páxina:

Las elecciones en Arzúa.

Un herido grave.

Comunican al Gobierno civil, desde Arzúa, que con motivo de la llegada a dicho pueblo del candidato a diputado a Cortes, marqués de Casa Pardiñas, hubo disturbios haciéndose muchos disparos de arma de fuego.

Resultaron varios individuos heridos; a uno de ellos, que lo está de gravedad, hubo que trasladarlo al Hospital de Santiago.

A Irmandade da Fala de Arzúa acude a I Asamblea nacionalista de Lugo

Na páxina 102 do libro “Vicente Risco no nacionalismo galego. 1.Das orixes á afirmación plena”, de Justo G. Beramendi (ISBN 8485738071, edicións do Cerne, Santiago, 1981), facilitase a lista de cidades e vilas nas que xurdiron Irmandades da Fala, e entre elas figura Arzúa. Segundo podemos ler nas páxinas seguintes, a Irmandade da Fala de Arzúa estivo representada na I Asamblea de Lugo (celebrada no teatro Lugo-Salón entre o 17 e o 18 de novembro de 1918).

A Irmandade da Fala de Arzúa da “febles sinais de vida”, polo que debemos supoñer que non foi moi activa.