Batalla entre isabelinos e carlistas en Arzúa

A primeira guerra carlista, que enfrentou entre 1833 e 1840 aos partidarios do infante Carlos María Isidro de Borbón (carlistas) cos defensores de Isabel II e a sua nai, a rexente María Cristina de Borbón, (isabelinos ou cristinos) tivo gran repercusión en Arzúa. Os partes de guerra oficiais (dos isabelinos) refirense aos carlistas como “facciosos” e mencionan continuamente parroquias e aldeas arzuáns.

A primeira mención que atopamos ata o de agora a Arzúa nesta primeira guerra carlista (I guerra civil, na época) é esta nova publicada no número 220 do “Mensagero de las Cortes” o 20 de decembro de 1833 e que fala dun parte trasladado polo Capitán Xeneral de Galicia:

El mimo capital general traslado un parte del segundo comandante de infantería, adicto á la plana mayor, D. Genaro Fernandez Cid, que manda una columna compuesta de un oficial y 20 artilleros de la marina real, y otro oficial y 40 hombres de Extramadura con 8 soldados de caballería, en que manifiesta haber encontrado a la salida de Arzúa una facción de 30 infantes y 3 caballos, la cual fue atacada y perseguida por espacio de seis leguas, atravesando espesos bosques y escabrosos caminos, matándoles 7 individuos y dispersando á los demás; é inutilizando en el acto las escopetas y armas que había cogido.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará