Foto de Ksado: Arzúa, fabricando pelas de manteca

Atopamos un recorte dunha revista (sen data, nin nome da publicación) con esta imaxe que reproducimos hoxe e o pé de foto: “Arzúa, fabricando pelas de manteca” e identificando ao autor da mesma: Ksado (Luis Casado Fernández).

ACTUALIZACIÓN: o usuario de Twitter @esmudiense informa de que esta mesma foto foi publicada en “Galicia en blanco y negro” de Ramón Pernas, Xosé Enrique Acuña e José Luis Cabo no ano 2000 (Espasa) co pe de foto “Ksado. Arzúa. Fabricando “pelas” de manteca. c. 1920″

|Descargar fotografía en alta resolución

Foto de mulleres na feira de Arzúa

Atopamos esta foto en pinterest coa lenda “Mulleres nunha feira en Arzúa”, non figura data nen fonte. Aparece sobreimpreso o texto www.folcloregalego.org, pero lamentablemente esta páxina web xa non está disponible, polo que non podemos tirar dela máis información. En outro sitio web (Historias de Ordes) aparece coa lenda “1920: na feira de Santiago”, o que da lugar á dúbida.

Descargar imaxen a máis resolución

ACTUALIZACIÓN: No grupo de Facebook “Ollar Galicia. Fotografía antiga” publicouse esta foto o 20 de xaneiro de 2022 con esta lenda:

Na feira en Arzúa (A Coruña) anos 20 primeira década dos 30
Ksado. No libro; Ksado Álbum. Centro de Estudos Fotográficos
Luis Casado Fernández (Ávila, 1887 – Santiago de Compostela, 1972)

https://www.facebook.com/groups/864290496922149/posts/7165922720092197/