Unha velada literario-musical na Arzúa dos anos 30

Gracias a colaboración de Jesús Bendaña chegou ata nos o programa dunha “caprichosa velada literario-musical”, celebrada no salón de Don Argimiro (situado onde hoxe está o Hotel 1930, na esquina da Rúa Xosé Neira Vilas e a Rúa das Dores e na que houbo música e teatro. O programa non está datado, pero polos participantes supoñemos que sería a principios dos anos 30.

ARZÚA SALÓN DE DON ARGIMIRO

El lunes 25 de Diciembre a las ocho y media en punto de la noche se celebrará una caprichosa VELADA LITERARIO-MUSICAL con arreglo al siguiente

PROGRAMA

1.ª PARTE

1.º La rondalla de la pandilla dará comienzo a la sesión interpretando el hermoso pasodoble flamenco que lleva por título “LA CRUZ DE MODA”

La Razón del Silencio

2.º La sin par pandilla titular de Veladas en la que figuran los cómicos “Maurice Chevalier” y “Rodolfo Valentino” pondrá en escena la graciosa comedia cómica en tres actos de Manuel de Góngora, titulada:

= Reparto =

Doña Rosario Srta. Isabel Rodríguez
Carmen  “ Carmiña Quintela
Patro  “ Maruja López
Casta  “ Rita Vázquez
Don Emilio Venegas Sres. Joaquín A.Vázquez
Don Nemesio  “ Juan Raposo
Manolo  “ Manuel Casal
Ramón  “ Eladio Bendaña

2.ª PARTE

1.º Intermedio por la rondalla con el estreno del alegre Valss


“EL LATIGO”
Formidable éxito de la rondalla


2.º Estreno del simpático y chispeante entremés cómico de Cervantes, titulado:

El Juez de los Divorcios

=REPARTO=

MarianaSrtas. Isabel Rodríguez
Doña Guiomar “ Maruja López
Aldonza de Minjaca “ Carmiña Quintela
JuezSres. José Fernández
Escribano “ Rafael Raposo
Vejete “ Juan Raposo
Santiago “ Ramiro Rodríguez
Cirujano “ Manuel Casal
Ganapan “ Ricardo Carreira
Músicos “ |Joaquin A. Vázquez
  “ |Eladio Bendaña

¿Qué le falta a este programa?

La despedida con el número de UNA SORPRESA

Esta pandilla cuenta con los elementos siguientes: Empresario, D. Rafael Raposo. Decoradores, Sres. Cea Rodríguez y Bendaña Varela. Director de Rondalla, D. Alfonso Vázquez. Electricista, Juan Raposo. Peluquero, Sr. Fernández. Director de Escena, Sr. Martínez. Primer actor y Director, Sr. Vázquez. Apuntador, Sr. Bendaña. Apoderado, Sr. Casal Sande. Secretario, Sr. Rodríguez Ramos.

Ricardo Cob, xefe de telégrafos de Arzúa represaliado no 1936

Ricardo Cob Laguardia chegou en marzo de 1928 a Arzúa, para poñerse ao frente dunha estación telegráfica que levaba tempo clausurada, tal e como recolleu o xornal “El Ideal Gallego” do 29 de marzo dese ano:

Arzúa foi o seu primeiro destino logo de aprobar as oposicións, e unha vez na vila fixo de dinamizador cultural, promovendo representacións teatrais, veladas e outras actividades. Xa unhos anos antes de chegar a Arzúa, estando en Carballo, representou o monólogo “Un cuento inmoral” (El Correo de Galicia, de 25 de marzo de 1923, páxina 7). Un exemplo da súa actividade no teatro, xa na nosa vila, atopámolo neste recorte de prensa de “La Voz de Galicia” de 24 de xaneiro de 1936.

A militancia comunista de Ricardo Cob era publicamente coñecida, así que, como represalia, as novas autoridades fascistas trasladárono a Castro Caldelas o 21 de agosto de 1936 (número 120 do Boletín Oficial de Provincia de León). Foi acusado de tratar de dificultar dende o seu posto de traballo a difusión das consignas militares e das transmisións telegráficas emitidas polos rebeldes. Logo de Castro Caldelas foi trasladado a Maceda onde finou aos 65 anos.

|Ficha de Ricardo Cob en nomes e voces

|Bibliografía consultada:
|Arzúa na memoria. Espello histórico dunha terra, de Armando F. Cascón Rodríguez, ISBN 8498120187, páxina 62
|Unha nova ollada a represión franquista en Galicia: motivación e extracción social dos represores. O caso de Arzúa, de Daniel Lanero Taboas, SEMATA, Ciencias Sociais e Humanidades, ISSN 1137-9669, 2007, vol. 19, páxina 237