Rúa de Pastoriza – arzua.net https://www.arzua.net Cousas de Arzúa Sun, 08 Mar 2020 13:08:01 +0000 gl-ES hourly 1 https://wordpress.org/?v=7.1.1 172400611 Confesarse e non morrer… ¡que dirá o Chono! https://www.arzua.net/1960/01/01/confesarse-e-non-morrer-que-dira-o-chono/?utm_source=rss&utm_medium=rss&utm_campaign=confesarse-e-non-morrer-que-dira-o-chono https://www.arzua.net/1960/01/01/confesarse-e-non-morrer-que-dira-o-chono/#respond Fri, 01 Jan 1960 12:00:00 +0000 https://www.arzua.net/?p=572 Continuar lendo "Confesarse e non morrer… ¡que dirá o Chono!"

]]>
Volvo a coller prestado outro conto de Arzúa atopado en internet e magnificamente recollido por alguén que firma como O Perello a primeiros do 2008 para o disfrute de todos os arzuáns. Transcribo literalmente e logo enlazo ao sitio orixinal:

De agonías, sacramentos e xuramentos

En Arzúa, na rúa de Pastoriza, atópase a casa que está por ser a mais antiga da vila. Nela, están hoxe as oficinas do Centro de Acollida do proxecto Leader, pero ata entón, foi desde sempre a casa dos de Benito, sendo Maruxa a súa derradeira moradora.Maruxa estaba casada con Jaime García, ó que todos coñecíamos como Chaquetas,un dos homes mais ocorrentes da vila e que, por sí mesmo, encheríanos o blog coas súas anécdotas.Pero neste caso, Jaime vai a ser protagonista indirecto, xa que o que imos a contar pasou na súa casa por mor de estar él ó borde da morte. que, dito sea de paso, desta vez non o levou consigo.Vamos cos feitos:Tan grave estaba Jaime, que a familia decidiu chamar ó crego para poñerlle a extrema unción. E mentres D. José Simón Caamaño estaba a cumprir co sacramento, abaixo, apoiado na porta, de costas ás escaleiras do cuarto, e mirando para a rúa, estaba Ignacio López (Ignacio de Abaixo para todos), amigo do enfermo. De súpeto, aparece a toda mecha pola rúa, Luis Quintás, coñecido como Luis do Grilo, tamén amigo do enfermo, e que acababa de enterarse da mala nova. Ignacio, preso da emoción, ó ver a Luis, vota as mans á cabeza e dille: “¡Ay Grilo, mec… en D…, que morreu Chaquetas”. Pero non se percatou de que mentres él falaba, baixaba D. José Simón polas escaleiras, xa cumprida a súa misión. E ó oir as verbas de Ignacio, o crego contestoulle por detrás: ” Aún no murió, Ignacio, pero… menudas oraciones reza usted por su alma”.Feliz 2008 e ata outra.

CODA

Na linguaxe musical, unha CODA é un remate lucido co que remata unha peza. E como toda boa obra musical, este conto tamén ten unha CODA engadida polo protagonista indirecto desta historia: Jaime “Chaquetas”:Como dixemos antes, Chaquetas non morreu daquela, e pasado algún tempo saiu do leito e botouse fora. ¿Sabedes cal foi o seu primeiro comentario? – ¡Qué dirá o Chono de min, vir o cura a confesarme e non morrer…!

| Copiado do blog Contos de Arzúa

]]>
https://www.arzua.net/1960/01/01/confesarse-e-non-morrer-que-dira-o-chono/feed/ 0 572