Lenda – arzua.net https://www.arzua.net Cousas de Arzúa Fri, 03 Jul 2020 19:57:01 +0000 gl-ES hourly 1 https://wordpress.org/?v=7.1.1 172400611 A lenda de San Xoan de Navas nun calendario do Concello https://www.arzua.net/1804/01/01/a-lenda-de-san-xoan-de-navas-nun-calendario-do-concello/?utm_source=rss&utm_medium=rss&utm_campaign=a-lenda-de-san-xoan-de-navas-nun-calendario-do-concello https://www.arzua.net/1804/01/01/a-lenda-de-san-xoan-de-navas-nun-calendario-do-concello/#respond Sun, 01 Jan 1804 19:47:11 +0000 https://www.arzua.net/?p=851 Continuar lendo "A lenda de San Xoan de Navas nun calendario do Concello"

]]>
Do calendario editado polo Concello de Arzúa no 2012 obtemos esta lenda relativa a capela de San Xoán de Navas, pertencente á parroquia de Pantiñobre:

LENDA DE SAN XOÁN DE NAVAS

Hai unha tradición moi viva na parroquia de Pantiñobre que pon a orixe deste santuario en 1804. Foi construído por orde dunha pastora de Bustelo que perdera o seu rabaño de ovellas no medio dunha grande treboada de lóstregos e sarabia. E fixo promesa que se atopaba o rabaño levantaría unha capela na honra de San Xoán Bautista. Atopou o rabaño e alí onde o atopou mandou construír a capela.

Unha variante desta lenda di que a pastora foi sorprendida por unha fortísima tempestade e implorou a protección de San Xoán Bautista. Ocorreu, entón, que as ovellas acubilláronse o seu redor e alí onde elas estaban non caía nin choiva nin sarabia nin lóstrego. Cando a tempostade remitiu a pastora veu que todas as ovellas estaban con ela e, a pesar da moita choiva e sarabia que caera, estaban enxoitas de todo. Foi, entón, cando mandou construir, naquel mesmo lugar, a capela.

]]>
https://www.arzua.net/1804/01/01/a-lenda-de-san-xoan-de-navas-nun-calendario-do-concello/feed/ 0 851